A Xunta ten pendentes de pago, desde comezos de agosto, máis de oito millóns de euros aos preto de 960 establecementos que venden libros de texto. Asà o denunciaba esta mañá o presidente de Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño, quen lembraba que máis do 30% dos ingresos das librarÃas provén destas vendas, e que no caso dos establecementos situadas en vilas e aldeas, a porcentaxe chega e supera o 50% dos ingresos. Polo momento, a Xunta pagou algo máis de 1.600.000 euros dos preto de 10 millóns orzamentados para axudas ás adquisición de libros de texto por parte das familias. Con esta situación "estamos axudando a cofinanciar o sistema de gratuidade" sinalou Patiño.
Fronte aos atrasos nos cobros deste ano, Patiño lembrou a eficiencia co que se produciron os do exercicio anterior, cando se efectuaban pagos semanais. Para alén, sinala que os libreiros fan os pagamentos correspondentes aos libros de textos desde agosto e ata o mes actual, polo que o atraso no abonamento das axudas ás familias van pór "moitas librarÃas na corda frouxa" e sinalou que moitos establecemenos están na actualidade a traballar a crédito. Segundo os cálculos da Federación, a cantidade desembolsada polos libreiros para os libros de texto pode ser o 30% do gasto de cada un destes establecementos no ano.
Na actualidade, o sistema de gratuidade mediante cheque cobre os cursos 1º, 2º, 5,º e 6º de Educación Primaria e mais 1º e 3º de Secundaria, cun orzamento de 9.062.463 euros. A este hai que sumar 1.050.428 euros que sufragan os gastos por libros que mudan de idioma unha partida 1.126.723 para reposicións daqueles libros que continúan co anterior sistema de préstamo. Para alén das preto de 200 librarÃas integradas na Federación, os atrasos afectan tamén a outros establecementos dedicados á venda destas obras, como son quioscos, colexios ou centros comerciais.
Con esta reclamación, os libreiros pretenden, para alén de reclamar unha axilización por parte da administración, conscienciar os seus proveedores e tentar negociar con eles aprazamentos nos cobros.