Álvaro Cunqueiro está considerado un dos autores galegos que manteñen unha máis estreita relación co imaxinario e o pensamento popular da súa época. No entanto, o seu traballo está moi lonxe de ser unha simple traslación. Xogos, invencións e recursos de diferentes fontes mestúranse nunha obra na que, segundo el defendía, quería axudar a coñecer mellor o ser galego. E non todo o que semella popular é tal.
Unha grande parte da obra de Cunqueiro amosa un grande achegamento ao mundo galego tradicional. É o caso a triloxía dos Feirantes, Menciñeiros e Xente de aquí e de acolá . Canda a estas, boa parte do xeito de vida e de pensamento tradicional paira mesmo naquelas obras nas que o mindoniense aborda temáticas clásicas ou cultas. Faino, iso si, mesturado con influencias e imaxinarios do máis variado e mesmo desde a perspectiva dalguén que non eran enteiramente daquel mundo. A mesa redonda O popular en Cunqueiro que se celebrou o pasado xoves no Consello da Cultura Galega no marco do congreso Mil e un Cunqueiros centrouse precisamente en abordar esta cuestión.
Cunqueiro na encrucillada
Precisamente perspectiva de Cunqueiro encol do popular foi o eixe da intervención do antropólogo Marcial Gondar nesta mesa. Para el, o autor como urbanita e cultivado, asume os estereotipos e prexuízos da modernidade. Ao tempo, como grande coñecedor do mundo da aldea ten tan asumida a súa cosmovisión que é para el como unha segunda pel. Escribe desde unha encrucillada, e esta relativa esquizofrenia é unha fonte de dúbidas na súa obra literaria, apunta. En concreto, Gondar fala das diferentes lóxicas que se agochan no pensamento urbano e ilustrado, no que só se considera real o que se pode pesar ou medir, fronte a un mundo tradicional no que o sentido que sobrancea é o da vista. Dicir que se viu algo cos propios ollos é a proba definitiva para definir a realidade dun feito, explica. Segundo isto, haberá experiencias que se consideran reais para os habitantes da sociedade tradicional que non entrarán na categoría de realidade para os urbanitas.
Real, fantástico ou os dous
Atopamos así o debate sobre fantasía e realidade que traspasa boa parte da obra de Cunqueiro. É coñecida a carta a García Sabell que Cunqueiro introduce no comezo de Os outros feirantes na que lle pergunta se podía ser que aquela xentiña fose a un tempo inventada por mim ou tirada da realidade ou de ambas cousas a un tempo. Eu retrato ao minuto nunha feira, na feira galega, a esta xentiña de nós. Agora ben, houbo istes? Hainos? Podería alguén contestar súpeto que non os houbo nin os hai xa que eu tireinos do meu maxín. E o tal daría por sentenciado o preito, pero coido que ti non, e eu tampouco. Neste sentido, Cunqueiro preséntase, a través da súa mesma imaxinación como un investigador da realidade galega. Hai neles, é a miña opinión unha onza do ser galego, e repartido entre toda esta xentiña está case toda a andamiaxe do ser galego, sinala na mesma carta. A ese respecto, Gondar sostén que esta dicotomía é unha clave fundamental para penetrar na obra de Cunqueiro. Baixo a cobertura dunha calculada ambigüidade literaria latexan estas dúas visións do mundo. Se interpretamos a obra de Cunqueiro sen ter en conta estas claves, e o tratamos como un autor de cultura urbana, actuamos desde o máis puro etnocentrismo. Privámolo da súa cabeza cultural para lle impór a nosa.
Pegadas en toda a obra
A investigadora Camiño Noia, pola súa banda apunta que é máis axeitado falarmos de tradición e poética do antropolóxico para nos referir á narrativa de Cunqueiro, máis que o termpo `popular´. Ademais, esta investigadora considera que a pegada da sociedade tradicional, que habitualmente se considera especialmente marcada na triloxía de obras xa mentada está presente case toda a obra deste autor. Así, apunta a presenza de Merlín en Terras de Miranda, entre Riotorto e A Pastoriza, ou a ruta percorrida pola carruaxe de Sochantre, con topónimos bretóns que se corresponden con localidades da Terra Chá. Á inversa, apunta, non poderían moitos destes relatos considerados populares estar en calquera dos libros da narrativa longa? E de feito hainos. Como sinala Ramón Nicólas, Cunqueiro desconfiaba da división xenérica da súa narrativa e negou que os personaxes literarios dun e douro grupo fosen diferentes na concepción e na esencia inicial. A distancia está mais no envase no que se presentan que nas formas narrativas en que foron construídos.
Temas tradicionais
A explicar as características polas que habitualmente se asociaron os contos de Cunqueiro á narrativa tradicional, Noia sinala que na triloxía de Feirantes e Menciñeiros, o mindoniense fai un mostrario de 113 tipos de o home galego, e só oito de mulleres, caracterizados por uns trazos antropolóxicos propios do labrego, que para Cunqueiro son un humor especial, a aceptación do absurdo sen alarmismo e mais a reacción intelectual supersticiosa, estética e máxica. Este achegamento, repetidamente explicitado por el ao ser galego, complétase coa presenza nos relatos de moitos elementos da antropoloxía cultural galega. Formas de vida e crenzas tradicionais que a xente considera sucedidos reais. As ánimas, a maxia dos menciñeiros, determinados comportamentos do lobo ou os tesouros son algúns dos elementos que sinala esta investigadora. No entanto, advirte que debemos diferenciar as crenzas que fan parte da tradición de certos motivos folclóricos de contos de risas que os profanos identifican con crenzas e que fan tamén parte da narrativa deste autor.
A mestura
Malia a importancia da tradición na obra de Cunqueiro, Camiño Noia advirte que mesmo na obra máis pretendidamente popular do autor engadiu motivos doutras tradicións, cunha imaxinación por onde circulaba o marabilloso medieval, as crenzas do cristianismo e todo o acervo, que era moito, de lecturas acumuladas. Así, por exemplo, sinala como exemplos de elementos alleos ás nosas tradicións a presenza de ananos en moitas historias, os corvos e pegas que falan ou na forma dos cales aparecen ánimas ou os paraugas e zapatos con propiedades máxias e sobrenaturais. Parte dunha extensa tradición na que cabe a recibida directamente da oralidade pero tamén a procedente da escritura. Cunqueiro ten unha memoria deformante e distorsiona das historias que escoita. Son historias do pasado ou sen tempo que se fan actuais mediante a lingua, manipula temas e personaxes para adaptalos aos feitos que quere contar, reinterpretando o sentido das crenzas míticas. Non é un transmisor de contos folclóricos nin de lendas, xogas con todas as tradicións á súa man que son moitas e innova.
A xustificación
María Xesús Nogueira, terceira participante no encontro, pola súa banda, puntualiza que a defensa do vencello co popular na obra de Cunqueiro, na que o autor tivo moito que ver mediante artigos e entrevistas, empregouse para reforzar o seu vencello coa tradición galega. El mesmo tirou moito partido de aí e empregouna como defensa ante posibles críticas como falta de compromiso coa realidade ou co idioma. Tamén se empregou nun sentido contrario, para reducir a diversidade e as dimensións da súa literatrua ao que era menos prestixiado no canon, o relato e o popular fronte á grande novela. Ao tempo a constante reafirmación na tradición pretende lexitimar a súa obra, que el era consciente que estaba feita a contracorrente, e ao tempo explotar a súa diferenza antre lectores foráneos.
Recursos da tradición
Cunqueiro, reclamaba que escribía como se fose un aldeán nunha cociña nunha tarde de inverno sentado ao lume, conto como me contan a min. María Xesús Nogueira sinala que non só se identifica con este modelo e o reclama senón que pensa nun lector ideal, que forma parte desta mesma colectividade. En moitos momentos proxecta unha imaxe de si mesmo que entra en aparente contradición con esa literatura erudita e libresca inzada de xogos textuais que practica. Para alén dos temas, Camiño Noia sinala que Cunqueiro emprega recursos propios da literatura oral, como é situar os seus relatos en espazos reais e coñecidos esencialmente de terras luguesas, incluíndo unha descrición exacta e detallada da orografía e das comarcas por onde circulan. Do mesmo xeito, o narrador, tal e como explicaba Gondar, ponse a si mesmo como testemuña ou coñecedor dos feitos. Deixa marcas de autoría en todos estes retratos, explica Noia, mediante fórmulas como viña moito á botica do meu pai, meu tío axudoulle, parece que o estou vendo. Segundo Nogueira, o xeito no que o autor leva á práctica a súa teoría sobre a narración, está non tanto no repertorio temático como nos simulacros da oralidade que representa en moitos momentos da narrativa. Estamos ante unha construción artificial que toma modelos da oralidade. Por unha banda explota na súa obra os personaxes narradores, con experiencia no oficio, que contan historias a un público, a explotar a súa xestualidade e outras técnicas. É o caso de Sinbad, Ulises ou Paulos. Canda a isto, outra técnica que se atopa son os escenarios nos que narran estes personaxes, que en moito casos teñen fundamento na realidade galega. A lareira, a pousada, a taberna, o camiño, a botica ou feria son espazos nos que habitualmente se sitúa o personaxe contador de historias e mais o seu auditorio. O que fai é levar o texto ao sistema de transmisió propio da oralidade advirte esta investigadora. emprega o relato dentro do relato, as fórmulas, as vacilacións no discurso, a suspensión ou as repeticións. Resulta unha literatura falsamente doada, que o autor incardina con vastas referencias eruditas e librescas.
Como se pode ver, non hai moitas cousas sinxelas en Cunqueiro. É moi posible que, logo deste congreso, non se poida ler de igual xeito. Mais o importante e seguirmos ao ler.