Co gallo da celebración do congreso "Mil e un Cunqueiros", o Consello da Cultura Galega está publicando na Mediateca do web corporativo as publicacións que editou este ano co gallo do Ano Cunqueiro. Deste xeito, os internautas poden descargar de balde Na mesa con Cunqueiro. Antoloxía literaria e gastronómica, unha escolma dalgúns dos mellores textos de ámbito culinario do escritor a cargo do xornalista Miguel Vila. Hoxe o CCG tamén publicou "Álvaro Cunqueiro en Ortigueira". O profesor Claudio Rodríguez Fer é o responsable de introducirnos no mundo de Cunqueiro tralo estalido da Guerra Civil, e os seus traballos xornalísticos en Ortigueira. Os lectores tamén poderán esta primeira obra xornalística de Cunqueiro.