Cada vez son máis o profesores e mestres conscientes das posibilidades que achega a banda deseñada tanto a nivel didáctico como para promover a lectura. Son ben conscientes disto os libreiros especializados no campo, que nalgúsn casos levan anos a asesorar e axudar os profesionais do ensino na súa compras. Nalgúns casos, como é o da libraría Kómic de Santiago mesmo elaboran catálogos de recomendacións para facilitarlles o traballo.
Segundo explica Pío Barreiro, de Kómic, Xa hai anos que había profesores que ían empregando o cómic nas súas materias, pero nótase que foi mudando a xeración. Agora están moito máis formados neste campo e en moito casos mudou a visión que se tiña da BD. Coincide con el Cano Paz, da Libraría Paz de Pontevedra, quen sinala que nos últimos catro ou cino anos, os profes saben que existen os tebeos e que había partidas concretas para mercar banda deseñada.
Deste xeito, sen ser adquisicións masivas, nos últimos anos detectou unha maior presenza de profesionais da educación que acoden o seu establecemento para dotar ás bibliotecas dos diferentes centros. Nesta mudanza tivo moito que ver a existencia de partidas específicas para incluír a BD nas bibliotecas escolares que establecera o anterior goberno da Xunta. Agora, malia a que xa non se dan aquela mercas esporádicas, si se nota que hai menos. De calquera xeito, as bibliotecas que adquiriron certa inercia continúan mercando algo, mesmo sen eses fondos específicos. Segundo corrobora Cano, Hai sitios que levan anos mercando, en Vilalonga por exemplo, deben ter unha biblioteca estupenda. Nótase sitios nos que hai profesores que lles tira o tema e fan por incorporar o cómic.
En 2006, desde Kómic comezaron a elaboración dunha lista na que presentan recomendacións de BD organizadas por xéneros e idades, así como unha na que amosan todo o material dispoñible de banda deseñada en galego. Este material, remitido aos centros interesados, facilita as adquisicións e a formación dun criterio entre os educadores. Como o descoñecemento segue a ser moito, axuda a que busquen información pola súa conta. De calquera xeito, a xente que vén por aquí dámoslle asesoramento personalizado, falamos un bo anaco con eles e ensinámoslle o material, lembra este libreiro.
Para alén da dotación de bibliotecas, a BD vaise facendo sitio nas aulas. Hai profesores de historia, filosofía ou literatura que integran o cómic nas súas clases. Algunhas materias préstanse máis do que outra, pero agora ata temos cómics sobre matemáticas, explica Pío. No entanto, polo momento o emprego principal continúa a ser o de dinamización da lectura. Os bibliotecarios procuran ir enganchando lectores, e nese sentido eu penso que convén se eclécticos e levar un pouco de todo, desde cousas doadas de ler ata propostas máis esixentes. Fanse clubes de lectura nos centros e consíguese enganchar á xente, lembra. Nese sentido, os libreiros lamentan en xeral a falta de publicacións destinadas para os lectores máis pequenos, tanto a nivel galego como nas editoras estatais. Existe moitísimo publicado, pero sobre todo para rapaces que xa son bos lectores, non para os que arrincan a ler.
Dun xeito ou doutro, o traballo que se está a desenvolver comezan a dar os seus froitos. Ás veces atpar rapaces de 17 ou 18 anos que veñen do rural e que teñen unha cultura de BD enorme, coñéceno todo. E é difícil ter acceso a iso no rural. E entón preguntas de onde vén, e ves que chega dun centro destes, xa que por si só non ten acceso a todo este material, lembra o responsable de Kómic.
Lista de autores galegos.Segundo explica Pío Barreiro, de Kómic, Xa hai anos que había profesores que ían empregando o cómic nas súas materias, pero nótase que foi mudando a xeración. Agora están moito máis formados neste campo e en moito casos mudou a visión que se tiña da BD. Coincide con el Cano Paz, da Libraría Paz de Pontevedra, quen sinala que nos últimos catro ou cino anos, os profes saben que existen os tebeos e que había partidas concretas para mercar banda deseñada.
Deste xeito, sen ser adquisicións masivas, nos últimos anos detectou unha maior presenza de profesionais da educación que acoden o seu establecemento para dotar ás bibliotecas dos diferentes centros. Nesta mudanza tivo moito que ver a existencia de partidas específicas para incluír a BD nas bibliotecas escolares que establecera o anterior goberno da Xunta. Agora, malia a que xa non se dan aquela mercas esporádicas, si se nota que hai menos. De calquera xeito, as bibliotecas que adquiriron certa inercia continúan mercando algo, mesmo sen eses fondos específicos. Segundo corrobora Cano, Hai sitios que levan anos mercando, en Vilalonga por exemplo, deben ter unha biblioteca estupenda. Nótase sitios nos que hai profesores que lles tira o tema e fan por incorporar o cómic.
En 2006, desde Kómic comezaron a elaboración dunha lista na que presentan recomendacións de BD organizadas por xéneros e idades, así como unha na que amosan todo o material dispoñible de banda deseñada en galego. Este material, remitido aos centros interesados, facilita as adquisicións e a formación dun criterio entre os educadores. Como o descoñecemento segue a ser moito, axuda a que busquen información pola súa conta. De calquera xeito, a xente que vén por aquí dámoslle asesoramento personalizado, falamos un bo anaco con eles e ensinámoslle o material, lembra este libreiro.
Para alén da dotación de bibliotecas, a BD vaise facendo sitio nas aulas. Hai profesores de historia, filosofía ou literatura que integran o cómic nas súas clases. Algunhas materias préstanse máis do que outra, pero agora ata temos cómics sobre matemáticas, explica Pío. No entanto, polo momento o emprego principal continúa a ser o de dinamización da lectura. Os bibliotecarios procuran ir enganchando lectores, e nese sentido eu penso que convén se eclécticos e levar un pouco de todo, desde cousas doadas de ler ata propostas máis esixentes. Fanse clubes de lectura nos centros e consíguese enganchar á xente, lembra. Nese sentido, os libreiros lamentan en xeral a falta de publicacións destinadas para os lectores máis pequenos, tanto a nivel galego como nas editoras estatais. Existe moitísimo publicado, pero sobre todo para rapaces que xa son bos lectores, non para os que arrincan a ler.
Dun xeito ou doutro, o traballo que se está a desenvolver comezan a dar os seus froitos. Ás veces atpar rapaces de 17 ou 18 anos que veñen do rural e que teñen unha cultura de BD enorme, coñéceno todo. E é difícil ter acceso a iso no rural. E entón preguntas de onde vén, e ves que chega dun centro destes, xa que por si só non ten acceso a todo este material, lembra o responsable de Kómic.
Lista de lecturas para CPI e IES.
Lista de lecturas para público adulto.