Os dous clústeres que se dedican ao libro en Galicia están de análise estes dÃas. Por unha banda o Clúster Libro da Edición, LibrarÃas e Comercialización celebraba este luns un encontro no que a internacionalización se presentaba como principal reto para o sector. Nese sentido, os editores incidiron na necesidade de preparar de xeito coidadoso a exportación dos seus produtos e apuntaron de xeito especial á necesidade de coordinar os seus esforzos. AsÃ, mesmo no encontro comentouse a posibilidade de crear un Consorcio de Exportación editorial que facilite o desembarco de pequenas empresas en novos mercados e consolidouse a aposta por unha marca común que identifique o produto galego nos mesmos.
Pola outra banda, o Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego celebra onte e hoxe as xornadas Trends&Technology co libro dixital como un dos eixes fundamentais. Neste sentido, a entidade sinalou onte que case a metade das editoras galegas desenvolveu xa algún proxecto arredor deste formato, aÃnda que só un 6,8% da poboación lectora en España o emprega e supón unicamente o 2,7% da facturación editorial. A optimización de recursos de cara a se achegar a esta tecnoloxÃa, asà como a lexislación sobre dereitos de autor e o vencello entre redes sociais e sector editorial son os outros temas que marcan as xuntanzas.