A cultura galega como un auténtico potencial espiritual e económico, a aproveitar as posibilidades internacionais da nosa lingua de cara á lusofonÃa. Esta é, moi resumida, a visión que tiña ValentÃn Paz Andrade, homenaxeado no DÃa das Letras de 2012, sobre este ámbito noso paÃs. Debullamos os riscos principais do seu pensamento nesta área da man do seu libro Galicia como tarea e coa axuda do escritor e investigador Miguel Anxo Seixas.
Non é sinxelo, nos nosos dÃas, coñecer polo miúdo o pensamento de ValentÃn Paz Andrade. A maior parte das súas obras están esgotadas e levan anos sen se reeditar. Galicia como tarea auténtico manifesto que recolle as súas ideas sobre o futuro do paÃs foi editado orixinalmente en 1959 e é difÃcil de atopar. Pendentes das múltiples reedicións e análises que nos agardan nos vindeiros meses, achegámonos ao pensamento deste multifacético galeguista.
Segundo explica Miguel Anxo Seixas, vicepresidente da Fundación Castelao e grande coñecedor do traballo deste intelectual, “O primeiro que se debe ter en conta ao falarmos da cultura en Paz Andrade é que para el non é un ámbito aparte. Cre nunha cultura plural, que non é importante unicamente por si mesma, senón tamén como un valor económico”, explica. Deste xeito, as súas ideas encol da nosa cultura non se poden separar dos seus proxectos de desenvolvemento do paÃs a través da pesca, da agricultura ou da explotación hidroeléctrica, ámbitos que tamén trata en Galicia como tarea. “Era consciente de que Galicia tiña grandes potencialidades, pero que non valÃan de nada se non se explotaban e non se puñan a funcionar. Para el iso era algo que podÃa ter seguido á aprobación do Estatuto do 36”, explica Seixas.
Internacionalización e LusofonÃa
“Incide moito na posibilidade de internacionalizar a nosa cultura através da lingua común con Portugal e Brasil”, lembra Seixas. E é que a defensa da unidade lingüÃstica do galego e o portugués é un eixe do seu pensamento, que mesmo se verificou na súa práctica habitual. “Mantivo unha ortografÃa algo libre no sentido de que non escribÃa enteiramente en portugués pero tampouco empregaba as normas que aprobaran os seus compañeiros da editorial Galaxia. En todo caso os seus libros teñen un sabor claro a galego máis que a portugués”, explica Seixas. “Non sei se o facÃa como un xeito de transición ao portugués”, lembra. O apartado dedicado á lingua de Galicia como tarea é, na súa maior parte, unha acumulación de alegatos salientando o carácter internacional do galego e a chamar a atención do potencial que supón falar a mesma lingua que o Brasil, paÃs que xa reclamaba como “futura potencia mundial”.
Galego, castelán e identidade
A súa consciencia internacional non diminúe, no entanto, a súa aposta polo galego como signo identitario do paÃs. “A conservación e cultivo do idioma propio é un imperativo ligado á vida e á economÃa dos habitantes de Galicia, tanto como á súa cultura e a súa historia”, salienta, apuntando que “un trato xeneroso cara ao galego nunca implicarÃa mingua para a difusión do castelán. Este risco no poderÃa producirse hoxe. Ao contrario, trátase de incrementar a convivencia en proveito común", escribe. E é que Andrade non renega do potencial do dominio do castelán en Galicia, e mesmo chega a afirmar que a nivel literario o noso paÃs está a dar grandes figuras para a lingua de Cervantes. Segundo el, de ningún territorio “obtivo España, en calquera momento histórico, tantos valores cimeiros e substanciais para o enriquecemento do idioma como os que Galicia lle ofertou neste perÃodo. Que, sincronicamente, é o de maior culto ao idioma propio”.
Tempos duros
“Supoño que a súa visión desde os seus comezos en A Nosa Terra e no xornal Galicia irÃa evoluindo, pero en Galicia como tarea xa é un pensamento maduro” que máis ou menos manterÃa ata o final dos seus dÃas, lembra Seixas. O investigador insiste en que hai que situar este multifacético home nun contexto histórico que o marcou sobremaneira. “É unha figura que vén do Partido Galeguista, moi vencellado a Castelao. Alguén que se presentou ás eleccións e non conseguiu saÃr e que logo ve como os seus compañeiros son asasinados ou represaliados”, lembra. Esta situación definiu en boa medida os eixes de acción de Paz Andrade. “É consciente de vivir no Franquismo con todo o que tiña de limitador. Entón tenta defender a cultura no que pode, e especialmente procura recuperar boa parte do que se desfixera en 1936. Aà está a fundación de Galaxia e o contacto co exilio. Tocáronslle tempos moi ingratos”, explica este investigador.
Potencial cultural
“Pensa que o que define un pobo é a súa cultura, pero ao tempo óllaa como un valor económico”, insiste Seixas. En Galicia como tarea Paz Andrade declárase firme defensor da idea da cultura como “concepto dinámico” e un “proceso” que é “resultado o esforzo colectivo, acumulado no tempo e sobre unha terra determinados”. Fica claro na obra tamén a súa idea do feito diferencial galego, que atribúe a estarmos no recanto da PenÃnsula menos tocado pola invasión árabe do ano 711, sen entrar a analizar se iso foi positivo ou negativo. Canda a isto, valora a importancia de Santiago e do fenómeno das peregrinacións como configurador da nosa cultura. “Coa invención do mito, Galicia encheu a historia medieval de Europa. E sostÃvoo, en constante esplendor, durante outros oito séculos, ata o XVII”. Con isto, reivindica a inserción de Galicia na “civilización cristiano-occidental”, e salienta unha “potencia vital dos galegos” e unha condición de “raza exuberante” que vencella á tendencia migratoria do noso pobo. A incidir na visión dunha cultura integrada cos sectores produtivos e mais na sociedade, Paz Andrade remata a súa reflexión sobre cultura chamando á necesidade de aproveitar o seu potencial para “tomar o home como materia e como espÃrito” e facer o esforzo para “desenvolver nel as potencias latentes”. É dicir, sitúa a cultura no primeiro termo dos esforzos de recuperación do paÃs, a sinalar que “todos os problemas relativos á existencia galega e dos medios nos que se desenvolve, deben nutrir en primeiro termo a actividade cultural”. Como exemplo desta potencia cultural do paÃs, o autor fai unha enumeración do grande número de creadores que deu Galicia ao longo da súa historia, asà como na importancia da produción cultural no exilio.
Elites e pobo
Dentro desa necesidade de integrar a cultura está tamén o chamamento que fai este multifacético home a evitar a creación dunha cultura de elites no noso paÃs. Ao seu ver, a creación, especialmente a literaria foise afastando do sentir popular xa algo antes de 1936 e a tendencia acentuouse despois. “Non poden descoñecerse as circunstancias extraculturais que desarticularon as institución de maior influxo, seccionaron as traxectorias e disiparon os palns. Nin o efecto dos mesmos imponderables, restrinxindo a comunicación entre as `elites´ e o pobo”, explica a falar dos efectos perniciosos do Franquismo na situación. No entanto, avoga por unha alta cultura que coexista coa acultura poplular: “sen a segunda, por moita calidade que a primeira conquiste será pura especulación” e non “unha contribución viva ao despregue das potencias receptivas e creativas que latexan na alma innumerable do pobo”. Seixas, pola súa banda incide, a seguir a visión de Paz Andrade, en que “isto supón sempre un desafÃo. Semella claro que mesmo a alta cultura debe estar refrendada polo pobo. Podemos pensar por exemplo en Manolo Rivas, que pode estar apoiado polos crÃticos pero ten tamén o apoio popular. Paz Andrade debe pensar nesa necesidade de refrendo, en que cómpre facer unha alta cultura coa que o pobo se identifique, pero sen caer na trampa de facer só cultura popular”.
A dinamización da cultura
Canda a isto, aposta por unha modernización da cultura, atendendo ao progreso económico e industrial do paÃs e apunta a necesidade de apostar pola investigación cientÃfica. “O esforzo cultural de Galicia ten que ser reorientado e intensificado en consonancia coas novas condicións nas que a vida humana se desenvolve”, sinala, “este cambio nos fins da cultura reclama a adaptación ás novas esixencias, comezando desde a eduación e seguindo co ensino superior”. A transformación cultural debe, segundo el “salvar os valores humanos, defendéndoos contra a ameaza dunha nova e universal escravitude” de carácter economicista. Nesa mesma liña, Paz Andrade apunta a necesidade de integrar o esforzo empresarial e o cultural. Salienta neste sentido o exemplo das “colonias de emigrados fundadores de escolas, ou o risco dalgún individual benefactor cara á rexión, a aldea ou a cidade onde viviu”, ao tempo que deplora a ausencia doutras formas de mecenado “máis custosas ou especializadas”, que “apenas se produciron entre nós”.
Estamos, sen dúbida nengunha, ante un home cun pensamento complexo encol da nosa realidade, que de certo ha dar para moitos debates e análises ao longo do vindeiro ano. Como se pode comprobar, moitas das cuestións que trata continúan, a dÃa de hoxe, de plena actualidade e en moitos casos seguen a ser arelas pendentes de concreción. É de agardar este DÃa das Letras axude a coñecermos mellor e a valorar a visión integral sobre o paÃs de ValentÃn Paz Andrade.