Esta mañá inaugurouse no Consello da Cultura Galega o congreso "Mil e un Cunqueiros". Coa presenza de representantes das Universidades galegas, o Goberno autonómico, o Faro de Vigo e o concello de Mondoñedo, iníciase unha das actividades centrais do "Ano Cunqueiro" promovido polo Consello da Cultura e outras entidades. Durante a inauguración, Ramón Villares, presidente do CCG, salientou moito o carácter internacional do congreso e a necesidade dunha visibilización da figura de Cunqueiro. "Precisamos moito dunha mirada exterior sobre Álvaro Cunqueiro, ubicalo no contexto exterior. Hai que transformar eses mundos que nós coñecemos por experiencia nalgo máis universal".