Normalizar mentres se fala de como normalizar. Así se podería resumir o Plano de Normalización Lingüística do Concello de Santiago, un traballo pioneiro que involucra a individuos e colectivos de todo tipo na súa elaboración e posta en marcha. A intención final é que todos sintan como propio o proxecto de normalizar o galego no concello.
Partindo da base de que o proceso de normalización lingüística ten como protagonista a sociedade, desde a Concellería de Normalización de Compostela vírono claro: a elaboración dun plan de normalización debía facerse coa participación de todos os sectores sociais do Concello. Para isto creouse en setembro de 2000 o Consello de Normalización Lingüística no que están representantes do propio Concello, a Xunta, o Consello da Cultura, partidos, sindicatos e asociacións culturais. Este organismo de carácter asesor consultivo sería o encargado de coordinar as tarefas de elaboración e aplicación do Plan. Logo da constitución, a primeira tarefa do Consello foi determinar os sectores sociais nos que debía actuar o futuro Plan de Normalización Lingüística.
Obxectivos, sectores, áreas
Os obxectivos recollidos no Plan eran, en primeiro lugar, facer normal o emprego do galego na sociedade compostelá. Ademais recollíase a intención de garantir os dereitos lingüísticos e toda a poboación e implicar a todas as entidades públicas e privadas do concello no proxecto. Os sectores de actuación que se definiron no Consello de Normalización foron sete: O propio Concello; cultura e deportes; os medios de comunicación e as novas tecnoloxías; o sector sociosanitario; ensino e mocidade e, finalmente, confesións relixiosas. Á súa vez, cada un destes sectores dividiuse en varias áreas de actuación para as que se propuxeron uns obxectivos concretos. Unha vez establecidos estes campos de actuación procedeuse a convocar ós diferentes colectivos sociais implicados para analizar as situacións e determinar actuacións concretas para cada un deles.
Todos no Plan
Deste xeito, a participación cidadá no Plan ampliouse máis aló do Consello de Normalización. A idea promovida desde o Concello era que a mesma elaboración do proxecto servise como elemento de dinamización normalizadora. Desde xeito organizáronse os grupos e participación sectorial (GPS). En cada un destes rupos, correspondentes ós diferentes sectores estratéxicos sobre os que actuaría o Plan, integráronse representantes de entidades ou coñecedores do sector concreto da realidade compostelá. Nas súas diferentes xuntanzas, cada un destes grupos realizou unha análise da situación da lingua en cada sector, identificando os problemas concretos do idioma. A continuación determináronse os obxectivos básicos, as liñas de acción necesarias para acadalos e as medidas concretas a aplicar. Segundo o grado de vertebración social de cada sector, e ademais dos GPS, organizáronse foros de encontro entre asociacións e axentes relevantes do sector, encontros entre organizacións e focus group, encontros entre persoas relevantes dun sector no que non existe unha organización destacada.
Unha axuda técnica
Na procura de optimizar as medidas do Plan, o Concello de Santiago contratou os servicios dunha empresa, Cidadanía, que se encargou de elaborar o estudio-diagnóstico “Situación da Lingua Galega no Concello de Santiago de Compostela”duascentas publicado recentemente pola Xunta de Galicia. Este estudio, rematado no ano 2001, revelaba unha escasa transmisión da lingua entre xeracións e identificaba os sectores sociais máis castelanizados. Cidadanía tamén foi a encargada de desenvolver as tarefas técnicas do Consello de Normalización, ocupándose de convocar os grupos, asesorar nas medidas a desenvolver e recoller as conclusións de cada grupo. Deste xeito, un técnico desta empresa participaba, con voz e sen voto en cada un dos grupos sectoriais, nos que tamén se integraba un membro do Consello de Normalización para garantir a coordinación de todos os grupos.
Cifras e primeiros resultados
En total algo máis de dúascentas persoas participaron activamente neste proxecto durante catorce meses. Durante os propios traballos de elaboración do texto, algúns dos axentes implicados puxeron en práctica medidas normalizadoras. Foi o caso dun centro comercial de Compostela que iniciou un proceso de galeguización da súa cartelería e das etiquetas dos seus productos. Na Federación Comarcal de Fútbol empezou a empregarse o galego en todas as notificacións, un exemplo que na actualidade está a ser imitado por outras federacións de fóra de Compostela. Tamén a empresa Aquagest decidiu empregar o galego nos seus contactos cos clientes en todo o país. Ademais disto, está a comezar a aplicación das medidas aprobadas. Entre moitas outras acordouse a posta en marcha de servicios de asesoramento específicos, a elaboración de vocabularios sectoriais, creación de axudas á rotulación no noso idioma ou o condicionamento de determinadas subvencións a que as actividades apoiadas se desenvolvan en galego. O plano non esquece os dereitos de persoas e comunidades alleas á tradición cultural galega e recolle a importancia dos intercambios con Portugal para potenciar o valor de comunicación internacional do noso idioma.
De aquí en adiante
Segundo anunciou o concelleiro de Normalización, Manuel Portas durante os VI Encontros para a Normalización Lingüística que se celebraron recentemente no Consello da Cultura Galega, o Concello de Santiago está a buscar mecanismos de colaboración para que o Plan de Compostela non quede como unha experiencia illada. Máis concretamente, Portas propúxolle á Dirección Xeral de Política Lingüística que o Plano se converta nun proxecto piloto dentro do Plan Xeral de Normalización que vén de iniciar a Xunta e que se aproveite a experiencia e os resultados do mesmo. Ademais da posta en práctica das medidas aprobadas, o traballo continúa nos grupos sectoriais e no Consello de Normalización, agora para analizar e avaliar os resultados que se vaian obtendo no proceso.