O Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela acaba de ver recoñecido o seu traballo nos XIV Premios Nacionais de Edición Universitaria. En concreto, a serie Clásicos do Pensamento Universal levou o galardón á mellor colección publicada por una entidade deste tipo. O xurado recoñeceu "a coidada edición e a proxección social e valor cultural que supón verter as obras do pensamento universal á lingua galega". A colección, nada en 2002 está dirixida por DarÃo Villanueva e coeditada coa Fundación BBVA. O premio entregarase o vindeiro mes de novembro no marco da XXX Asemblea Xeral de Editoriais Universitaris, que se celebrará en AlmerÃa.