Reabre o Museo da Catedral de Santiago

A falta de financiamento dificulta a posta en marcha do Plan Director do monumento

26/9/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
20 lecturas | Compartido 0 veces
Logo de varios meses de traballos, o Museo da Catedral de Santiago abría esta fin de semana as súas portas con reformas, un novo discurso museístico e melloras nas medidas de seguridade, amplamente criticadas logo do roubo do Códice Calixtino. O centro reorganizou a súa exposición buscando un maior didactismo, e amosa agora a evolución do monumento no tempo así como salas centradas na iconografía vencellada ao edificio. Os traballos afectaron ao 30% da sperficie do museo e contaron cun orzamento de 400.000 euros.
A coincidir con esta nova chega tamén, de man de La Voz de Galicia o dato de que só se conseguiu, nesta altura do ano, un millón de euros dos trinta previstos para a posta en marcha do Plan Director da Catedral. Esta falta de fondos provocará un atraso importante na apertura da oficina responsable da aplicación e elaboración do Plan, que tiña previsto estar lista este mesmo mes.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados