O Consello da Xunta aprobaba onte a cesión do fondo bibliográfico e documental de Carlos Casares á Cidade da Cultura. A Fundación que leva o nome do escritor e antigo presidente do Consello da Cultura cederalle á Biblioteca e Arquivo de Galicia a ampla colección bibliográfica de Casares, de preto de 6.000 volumes, asà como case sete mil documentos en papel e varios milleiros de fotografÃas e diapositivas. As entidades públicas custodiarán este legado durante un perÃodo mÃnimo de 30 anos, en réxime de comodato gratuÃto, e colaborarán coa Fundación na catalogación, difusión e dixitalización dos mesmos.