A Agrupación LÃrica Ofelia Nieto estrea mañá, venres 23, en Ferrol o espectáculo poético-musical O soño dourado. De RosalÃa a Cunqueiro. A obra, dirixida por Antón de Santiago, mestura o recitado de textos do mindoniense con outros de RosalÃa, Curros, Cabanillas ou Novoneyra, entre outros, na voz do propio De Santiago e da soprano Patricia Morchón, todo co acompañamento dunha formación de violÃn, chelo e guitarra. O espectáculo fai parte do Ciclo Galicia Classics, que se suma asà ás homenaxes do centenario de Cunqueiro. Logo da estrea, no auditorio Novacaixagalicia de Ferrol, a obra visitará a Cidade da Cultura o vindeiro 2 de outubro.