Aba Cardalda debuta en EGO, a plataforma para novos talentos de Cibeles

José Matteos achegou os seus estilismos na antesala da plataforma madrileña

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:
Aba Cardalda debuta en EGO, a plataforma para novos talentos de Cibeles

Son novos, prometedores e comparetn a súa afección pola moda. O galego José Matteos foi un dos nomes propios dos desfiles privados, en espazos alonxados de IFEMA, pero que se encadran dentro da programación da Cibeles FashionWeek, a cita coa moda máis importante do Estado. Xunto co seu nome, nesta edición destaca outra promesa: Alba Cardalda, quen presentou uns estilismos deportivos e urbanos inspirados no arquitecto Oscar Niemeyer nos que as curvas e as cores fluorescentes centraron a atención dos asistentes a el EGO, a plataforma pensada para novos talentos. Son as caras galegas máis novas desta edición de Cibeles, nas que se ofrecen as propostas para a primavera-verán de 2012.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Lingua galega

Claves

Entidades
Conceptos