Coa inauguración do centro social de Nova Caixa Galicia en Santiago ábrese un novo espazo escénico no xa completo tecido de infraestruturas culturais do paÃs. Con máis ou menos densidade (Santiago, A Coruña e Vigo, por exemplo, acumulan miles de butacas en escenarios mois próximos) todos os implicados están de acordo en que os recintos son suficientes, pero agora hai que buscar estratexias de programación e distribución dun tamén amplo catálogo de producións teatrais que fan anualmente as compañÃas. E na xornada que onte se desenvolveu nun dos espazos de Nova Caixa Galicia apuntáronse algunhas ideas.
Dos máis de douscentos escenarios espallados pola xeografÃa galega, uns 49 intégranse na Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), mecanismo deseñado hai dúas décadas para manter un circuÃto estable de programación. Todos coinciden en que a RGTA é fundamental e necesaria, pero pódense facer axustes. E sobre eles falaron todos os afectados na xornada convocada por Escena Galega para onte. “O sector e a representación da compañÃas quere estar presente en todas as decisión que lle afectan ás redes, xa que poderÃamos variar ou optimizar o funcionamento das mesmas cun maior rendemento de público” garante Salvador del RÃo, presidente de Escena Galega, colectivo que agrupa a maior parte das compañÃas. RefÃrese a facer parte de decisións tomadas pola Agadic (responsable e mantedora da RGTA) como a reformulación levada a cabo en 2010, na que fixaron uns mÃnimos de espectáculos programados por xéneros “para dar cabida a danza, maxia ou novo circo”, tal e como explicou o seu director, Juan Carlos Fasero. “Iso poderÃa terse levado a cabo doutra maneira, non pola vÃa da imposición, senón cunha discriminación positiva” afirma o presidente de Escena Galega.
A presenza da representación das compañÃas nas reunión técnicas da RGTA foi motivo de controversia no transcurso da xornada, que esixen máis participación. No fondo, o que argumentan desde Escena Galega, e asà o concluÃron onte “serÃa que a súa presenza neses foros pretende incrementar público”. Por iso, outra das medidas reclamada onte, pasan polo incremento das función de cada espectáculo. “Unha persoa moi afeccionada e moi interesada en asistir ao teatro pérdese moitos espectáculos porque cando vai ir, xa non está no cartel. E se iso lle pasa a unha moi interesada, ao resto da sociedade aÃnda peor” explicaba Eduardo Alonso, director de Teatro do Noroeste. O maior número de funcións por espectáculos é unha vella reivindicación do sector, como incrementar o prezo dos espectáculos. “Sabemos que non é popular en época de crise falar de subir os prezos dos espectáculos, pero é ridÃculo que os prezos sexan entre 3 e 5 euros, cando deberÃan estar entre 10 e 15” afirma Salvador, quen considera que a medida chega un pouco tarde, xa que se tiña que ter tomado en épocas de “bonanza económica”. Algo no que tamén estaba dacordo o director de Agadic, Juan Carlos Fasero quen, na súa exposición das últimas cifras da rede, apuntou que entre o que se paga polo caché das compañÃas e o que se recada polas entrada no despacho de billetes, “é máis cara unha obra de teatro que unha ópera”.
No marco das conclusións da xornada organizada por Escena Galega, o sector tamén falou da necesidade dunha maior visibilidade dos traballos da compañÃas. “O traballo actual que se está a facer nese sentido está ben feito (cartelerÃa, publicacións como ParaÃsoÂ….) pero son necesarias máis medidas e facelo dun xeito conxunto” explicou Salvador del RÃo, para que o público poida ter máis elementos para tomar a decisión de se vai ver un espectáculo ou non. Nese sentido, MarÃa Pereira, directora de Acción Cultural da Obra Social de Caixanova pedÃu que as compañÃas traballaran máis este aspecto “queremos que nos enamoren cos seus proxectos e programalos por criterios de calidade e non por cupo” puntualizou ao tempo que defendeu os criterios da entidade que traballa á hora de combinar espectáculos galegos e de fóra nas súas programacións. Os presentes tamén lle pediron a Pereira que NCG tivera na súa programación un trato igualitario na programación e que os espectáculos galegos fagan parte do abono xeral, e non dun aparte especÃfico dentro do que é a programación.
No medio das intervencións, houbo lugar para outras propostas como liberar a rede introducindo criterios de libre mercado para que se poida programar neses espazos máis espectáculos. Non só iso, Juan Carlos Fasero avanzou que se cambiarán as liñas de axuda ás compañÃas residentes ao tempo que afirmou que “son moi importantes as vinculacións cos espazos”.
As outras redes
Alén do que é a Rede Galega de Teatros Auditorios, principal ferramenta de distribución dos espectáculos, a xornada tamén serviu para falar doutros circuÃtos, da súas especificidades e das súas necesidades. Eduardo RodrÃguez “Tatán”, actor e titiriteiro, fixo un percorrido por outros itinerarios para pequenos espectáculos, eses que manteñen entre un e tres actores. De Letras vivas (mantida pola ConsellarÃa de Cultura e Turismo a través da dirección xeral de Promoción e Difusión Cultural), que permitiu organizar actividades en bibiotecas, “tras ser unha actividade estrela para promover o Ano do Libro reduciu o seu orzamento á metade, por non falar que é unha rede inestable e complicada,xa que programa espectáculos en escenarios non creados para iso”, explica Tatán. Nesa liña, o propio Fasero asegurou máis tarde que ás veces a administración non acerta cos seus programas, como foi o caso de “GPS, xirando por salas, que creou espazos onde non os habÃa e acabou por saturar o espazo”.
Tatán completou o repaso polos circuÃtos alternativos falando doutros itinerarios creados por outras entidades. Foi entón cando denunciou a eliminación de Titerescola “un programa que levaba máis de vinte anos de traballo e que programaba uns 36 espectáculos anuais”. Destacou, no entanto, o traballo que desenvolvÃa a Deputación da Coruña na súa rede provincial, mentres que da de Lugo dixo que se trataba dun Plan Cultural de Bolsillo. Con respecto da de Ourense, eloxiou o traballo desenvolvido con Sarabela teatro, e o apoio a diferentes mostras como o FITO, ou Ribadavia, aÃnda que “tiña un plan cultural moi aberto e poco concreto”. Con todo, na súa opinión quedou evidenciado que existen escenarios, itinterarios e, como verbalizou o propio Tatán “só falta vontade para tratar que funcione á perfección. E para iso é necesario escoitar a todas as partes”.