Foi no 2002 cando se celebrou a última edición do Centolo Rock, que se suprimiu para instaurar a “Gala do Marisco”. Sen embargo este ano, o concello do Grove decidiu recuperar esa cita como “antesala sonora”, segundo declaran no seu propio web, á Festa do Marisco e buscando enganchar a un público máis novo. Igloo, Maryland e CatPeople son tres grupos moi populares da música indie, con fondas raÃces galegas e tamén o prato forte dun certame que se desenvolverá nun único dÃa: o vindeiro 24 de setembro. A cita é de balde a partir das 23:00 horas na praza do Corgo.