É un fito que na sección oficial dedicada a novos directores (Zabaltegi Novos Directores) haxa dúas producions galegas. Os traballos seleccionados son os de Sandra Sánchez (Tralas luces, que se verá en catro pases entre os dÃas 17 e 20; e o de Ignacio Ferreras (a produción de Perro Verde Films Engurras) que se exhibirá en cinco pases entre o 19 e o 20. Canda iso, a súa presentación contará co apoio do Consorcio Audiovisual de Galicia, que ofrece un acto institucional (domingo 18) ao que están convidados prensa e profesionais acreditados do festival. O apoio do Consorcio, deseñado especÃficamente para este festival, insÃrese dentro do Convenio que asinará esta entidade co IGAPE para a promoción e internacionalización do audiovisual galego.