Hai un pouco de todo. Aldeas sustentables, invasións romanas, historias de superación persoal, revisións de contos clásicos como Polgariño
pero tamén moi deportivo, con historias de fútbol de rúa, de traíñas. En agosto saíu publicada a resolución da convocatoria de axudas para producir (ou coproducir) historias audiovisuais. Son filmes que chegarán á rúa nos vindeiros anos e dos que avanzamos os seus argumentos.
Matavenero é un pequeno lugar do Bierzo que hai vinte anos, en pelexa co sistema capitalista puxeron as súas propias reglas. Vinte anos despois, no contexto actual que se atopa todo occidente, Sandra Sánchez (directora deTralas luces, moi popular estes días pola súa participación no festival de cine de San Sebastián) volve á aldea para ver como viven eles e que pasou con ese proxecto. Así explica Fernanda del Nido a nova produción que pon en marcha Tic Tac, factoría que dirixe e que ten posto en marcha proxectos tan coñecidos e de éxito como 18 comidas ou Tralas luces. Nesta ocasión, repite con Sandra Sánchez que leva tempo investigando as formas de vida da xente instalada nesta ecoaldea que dá título á produción, e que pretende retratar nunha rodaxe pausada no tempo, en diferentes etapas o que implicará que a rodaxe se estenda no tempo. É un posicionamento semellante ao de Tralas Luces e vendo o éxito que está a ter esta produción, animámonos a facelo puntualiza Fernanda, cuxa produtora recibiu 43.753 euros.
Quen tamén ten prevista a súa rodaxe para o ano que vén é Continental Producciones. A directora de contidos, Paula Cons apunta que as dúas producións subvencionadas nesta convocatoria de Agadic comezarán a tomar forma en 2012. Dunha banda está a longametraxe de ficción Milhistorias que, tal e como explica Cons, parte dunha historia real como é o campeonato de fútbol de rúa, para contar unha historia de loita, de superación. Xavier Villaverde será o director e guionista deste proxecto que se está a reformular e preparar. En paralelo, a factoría coruñesa está a ultimar unha serie para televisión de gran factura e que coproduce coa produtora catalá Dream Team Concept (coa que xa traballar en O sexo dos anxos). Chámase Salgadura, está ambientada na época de Fernando VII e, tal e como conta Paula Cons, é unha gran epopea familiar que explica o progreso dunha serie de emprendedores que van da salgadura á conserva. Conta ademais as relacións entre galegos e cataláns, mesturadas con historias de amor e odio cun guión moi traballo. Precisamente son Miguelanxo Murado e a guionista catalá Carme Abarca quen se encargan de darlle forma a esta historia de época na que están implicadas TVG e TV3.
Xa contou cunha axuda de desenvolvemento en 2010 e agora arrinca a produción de Galaicus, o proxecto de Zircocine (Luís Tosar e Farruco Castromán) para levar a cabo unha superproducción de época. O filme conta a historia de amor entre un comandante romano e unha raíña celta que vive en Gallaecia. Ambientada no ano 137 a.C, na chegada a Gallaecia do procónsul Décimo Junio Bruto -coñecido como Galaicus- e o seu comandante Máximo. A presenza dos romanos sáldase cunha batalla contra os galaicos nos que morre o príncipe galaico Vetilo. Cando a súa viúva reclama o seu corpo, tanto o comandante como o procónsul namóranse dela e o conflito amoroso resólvese tamén a golpe de espada cando Máximo se converte en líder dos guerreiros galegos e se enfrontará ao poder de Roma. O proxecto, ten un orzamento estimado de 4 millóns de euros e conta para a súa produción cunha achega de 244.688 euros.
Neste repaso polas producións subvencionadas, destaca tamén a historia de competición de Traíñas que Ángel de la Cruz prepara os vindeiros meses, ou Maratón a película para televisión que ultima Formato Producciones. Aproveitamos un feito real, dun pai que sostiña á súa familia correndo en maratóns, para levar á pequeña pantalla esta historia, que se completa con outras subtramas explica Andrés Barbé, que se rodará para o vindeiro 2012.
En rodaxe
A que primeiro chegue a salas comerciais sexa Todo é silencio, a cuarta longametraxe que dirixe José Luis Cuerda en Galicia e que está a piques de rematar a rodaxe. Baseada na novela de Manuel Rivas, recibiu unha axuda a produción de 229.505,13 euros para contar unha historia dun grupo de amigos enfrontandos polo narcotráfico. Celia Freijeiro, Juan Diego, Luis Zahera, Xoque Carbajal, Adolfo Fernández, Xosé Manuel Olveira Pico, Laura Ponte e o popular Miguel Ángel Silvestre protagonizan este filme que coproduce a galega Milou Films.
Outro título que ten planificada a súa rodaxe para as vindeiras semana sé o equipo de Vaca Film. A factoría coruñesa está a ultimar Invasor, a súa última aposta. Nesta ocasión prepara un thriller político cun orzamento de 4 millóns de euros que se sitúa na onda de producións comerciais que tan bos froitos lle deu con Cela 211. De feito, tal e como o produtor Borja Pena explica foi o primeiro proxecto que puxemos en marcha logo do éxito de Cela 211. Este filme, que conta cunha axuda de produción de 212.277 euros, conta a historia dun médico militar (protagonizado por Alberto Ammann) que regresa da guerra de Irak con feridas e problemas de memoria tras sufrir un altercado. Unha vez de volta, tentando memorizar o acontecido, pasan a súa cabeza fenómenos inexplicables que o levan a unha espiral angustiosa. Ten moitos xiros de guión, moi dinámica e esperamos que funcione nas salas comerciais explica Pena. O filme ten previsto un lanzamento en salas de cine con 250 copias que será despois do seu paso por festivais. A nosa intención é poder exhibila no marco do festival de Venecia, ou en Toronto, a nivel internacional e logo en Sitges e San Sebastián en España.
A animación
Entre o apoio á produción de proxectos de animación destaca Meñique, a posta de longo de Ficción Producciones no mundo da animación. Sara Solano explica que se trata da versión audiovisual libre da adaptación de Polgariño que fixo o cubano José Martí. No fondo, porque esta longametraxe é unha coprodución con Cuba que codirixirán Ernesto Padrón e David Rubín. A música será de Silvio Rodríguez mentres que a música da banda sonora é Manuel Riveiro. Para esta produción que aínda non ten data estimada de finalización, Ficción recibiu de Agadic 272.653 euros.
En total, Agadic investiu 2.900.000 nesta convocatoria de axudas que potencia a producion. Unha contía que compromete neste 2011 pero que repartirá de xeito efectivo nos vindeiros catro anos, un sistema que non acaba por convencer ao sector porque "os ritmos da administración non se corresponden cos das propias producións audiovisuais", explica un dos produtores consultados.