Darlle vida (cando menos un pouco) á fala dos canteiros na zona de Terra de Montes. Este é o proxecto que acariña Calros Solla, investigador das tradicións desta zona. Como primeiro paso neste difÃcil camiño, acaba de publicar O verbo xido, un libro que recolle o vocabulario e pretende facilitar o aprendizado desta linguaxe gremial.
Malia a que as súas palabras continúan a ser descoñecidas para a maior parte da sociedade, hai xa ben tempo que se sabe da existencia dunha fala particular que os canteiros, como outras profesións maiormente de carácter itinerante empregaban para se comunicar entre eles sen que o seu contorno soubese o que dicÃan. Deste xeito, existe tamén ao barallete dos afiadores, ou o latÃn dos cavaqueiros, entre outras falas con presenza no noso paÃs. Segundo Calros Solla “a lingua dos canteiros debe ter a súa orixe no momento no que este gremio eran os grandes construtores de igrexas, pontes ou catedrais, na Idade Media, era un código exclusivo para se poder comunicar e transmitir os misterios e os segredos da profesión”.
As palabras conservadas
A partir de estruturas propias do galego, con algunhas modificacións, esta fala gremial foi incorporando palabras de linguas como o vasco, o castelán, o catalán, o francés ou mesmo o inglés. “Alà por onde Ãan os canteiros, se atopaban unha palabra que lles acaÃa engadÃana a colección e púñana a funcionar. Logo algunhas consolidaban o seu emprego, e outras non. Por exemplo, ponte dise bricho (do inglés), ovella é motoa (do francés), e pedra dise arria, ao igual que en vasco”. Obviamente, coa decadencia das profesións tradicionais, tamén perdeu a súa vitalidade, ate practicamente desaparecer, o latÃn dos canteiros. “Quedan xa moi poucos, e menos aÃnda que saiban moito. A maior parte dos canteiros aÃnda vivos coñecen as mesmas cousas da fala, cantigas que lles quedaron gravadas. Cómpre sentar con eles, facerlles un cuestionario, irlles soltando palabras en galego e ver como dicÃan eles”, explica Solla. “Iso si, locen a súa lingua con orgullo”.
O estudo do latÃn
Os estudos e as compilacións do vocabulario da fala iniciouse xa en data tan temperá como en 1810, cun traballo de José Arias Teixeiro que terÃa continuidade con sucesivas investigacións como a de José Sánchez Balsa (1843) ou Julio Ballesteros (1919). Logo destes sucedéronse diferentes análises, na súa maior parte recollas de palabras, ata datas tan recentes como 2009, cando viu a luz o Diccionario do verbo dos canteiros de Xesús Antonio GulÃas. “En relación a outras falas gremiais existen moitas recollas de léxico da dos canteiros”, recoñece Solla. “O que hai é poucos estudos metalingüÃsticos, non se estudaron en profundidade as disposicións gramaticais, por exemplo”. O traballo que el acaba de presentar O vervo xido (que significa “lingua fermosa”, e que é o nome que os canteiros de Cerdedo e Terra de Montes lle daban á súa fala) achega varias novidades ás propostas xa publicadas. Unha das novidades é que atende a unha variedade especÃfica desta fala, a propia desta zona, cunhas 2.000 voces compiladas “O que se recolle no libro é o que chegou ata os anos 90 do pasado século, que foi cando comecei a facer a recolla. En xeral non hai moitas diferenzas con outras variedades da fala, fóra dalgunhas escollas de léxico, está claro que en xeral os canteiros de diferentes zonas se entendÃan entre si. Unha das peculiaridades en Cerdedo é que non se empregan artigos, aÃnda que si se usan as preposicións e as conxuncións propias do galego”. Chama a atención que para a súa obra, Solla escolleu escribir todas as palabras desta xiria con V, seguindo indicacións dun dos propios canteiros que a coñecÃan.
Pensado para aprender
A outra grande peculiaridade da obra é a súa estrutura. Fóra de facer un simple vocabulario en orde alfabética, Solla apostou por “ordenar e sistematizar o material recollido para favorecer a súa aprendizaxe”. Deste xeito no libro atopamos apartados dedicados a diferentes ámbitos, como pode ser o corpo humano e actividades de carácter fÃsico, a vestimenta e complementos, ferramentas, animais, horas e dÃas, xogos e outros ámbitos. En cada un deles pódense atopar nomes e verbos relacionado coa cuestión. Seccións especÃficas dedicadas a adxectivos, pronomes, a conxugación verbal e a expresións propias do vervo completan un auténtico manual para os interesados nesta fala. “Está ben recoller cousas, pero se fican no papale, de pouco vale. Hai que o pór en activo”.
O atractivo da verva
“Ao pouco que un a estuda, chega a conclusión de que é un código elaborado cunha ferramenta moi poderosa que é a retranca, que rezuma en boa parte das construcións gramaticais. Por exemplo, hai un verbo, ormear, que significa tanto pensar como esquecer. E pode empregarse como comodÃn no caso de que non se saiba outro verbo. Se un canteiro quere dicir “eu vivo en Pontevedra”, que serÃa “imes luzo en Avedra”, e non lembra como se di “vivir”, pode dicir “imes ormeo de vividilla en Avedra”, sumando este verbo ormear ao verbo galego sen a declinación e co sufixo illa”, explica Solla. Para Solla “un código secreto deste tipo no deixa de ter a súa fasquÃa lúdica. Eu mesmo o emprego aÃnda que con moi pouca xente, e é algo moi divertido, é un código que se apega a un e que presta empregar”, explica. A idea de recuperar o emprego desta fala continúa en Cerdedo. “Agora estamos a ver se conformamos un pequeno grupo de diálogo, hai xente interesada e tentaremos botalo a andar cara ao mes de Santos, co compromiso de que a partir de que participemos neses seminarios as chamadas, correos e sms entre nós se fagan xa en vervo xido”. O camiño non vai ser sinxelo, pero hai xente disposta a dar os primeiros pasos.
Célebres estrofas no Vervo.Malia a que as súas palabras continúan a ser descoñecidas para a maior parte da sociedade, hai xa ben tempo que se sabe da existencia dunha fala particular que os canteiros, como outras profesións maiormente de carácter itinerante empregaban para se comunicar entre eles sen que o seu contorno soubese o que dicÃan. Deste xeito, existe tamén ao barallete dos afiadores, ou o latÃn dos cavaqueiros, entre outras falas con presenza no noso paÃs. Segundo Calros Solla “a lingua dos canteiros debe ter a súa orixe no momento no que este gremio eran os grandes construtores de igrexas, pontes ou catedrais, na Idade Media, era un código exclusivo para se poder comunicar e transmitir os misterios e os segredos da profesión”.