A de VerÃn é a mellor biblioteca do Estado en canto a actividades para difundir o amor polos libros. Cando menos, asà o considera a Federación de Gremios de Editores de España, que lle outorgou a este centro o seu Premio ao Fomento da Lectura en Bibliotecas. Segundo o xurado "a oferta que a biblioteca municipal de VerÃn puxo en marcha contempla iniciativas dunha natureza ampla que permite a súa consideración como verdadeiro centro de irradiación cultural no seu territorio próximo". Representantes do centro recibirán o galardón e os seis mil euros de dotación o vindeiro 6 de outubro, a coincidir coa celebración do feira LIBER en Madrid.