Vaca Films rodará na Coruña a súa vindeira longametraxe

A rodaxe terá lugar de novembro a decembro

Un médico militar (Alberto Ammann) regresa da guerra de Irak con feridas e problemas de memoria tras sufrir un altercado. Unha vez de volta, tentando memorizar o acontecido, pasan a súa cabeza fenómenos inexplicables que o levan a unha espiral estremecedora. Este é o argumento de Invasor, o novo thriller que produce Vaca films.A produtora coruñesa rodará na cidade herculina o seu último filme, que dirixe Daniel Calparsoro e que conta cun orzamento de 4 millóns de euros. A rodaxe terá lugar entre novembro e decembro e idea poder levar o título á Mostra de Venecia de 2012.