Vaca Films e Filmanova inician as rodaxes das súas producións “Cargo” e “Camarón. A película”

Cargando no barco

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O luns 28 comezan novas rodaxes de coproducións galegas. No porto de Barcelona iniciarase a rodaxe de “Cargo”, un thriller con capital estatal (Morena Films, Oberón e a coruñesa Vaca Films) británico (Slate Films) e sueco (Hepp Films) Clive Gordon dirixe un filme que conta a historia de Chris (Daneil Brühl) que queda atrapado nunha cidade africana logo de que a policía lle interveña o seu pasaporte por roubar un brazalete. No porto coincide cun grupo de mariñeiros que discuten sobre unha carga ilegal e decide colarse no seu barco como polizón. Ese mesmo día, iniciarase a rodaxe de “Camarón. A película”, baseada na vida do cantaor que interpreta Óscar Jaenada. Filmanova coproducirá con “Monoria Films” un filme que dirixirá Jaime Chávarri e que distribuirá Buenavista Internacional

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filmanova, Vaca Films, Barcelona

Claves

Lugares