Lagarta Lagarta abre a temporada teatral do Pazo de Cultura de Narón

A compañía estrea alí o seu último espectáculo Unha hora na vida de Stefan Zweig

É un dos escenarios máis destacados do teatro galego e está a piques de comezar a temporada. Farao a vindeira semana con Unha hora na vida de Stefan Zweig a última obra de Lagarta, Lagarta, que leva a escena a obra de Antonio Tabares, unha peza que reproduce unha hora na vida do matrimonio Zweig e que mantén en vilo ao espectador sobre o que puido acontecer na vida do grande escritor. Ernesto Chao, Belén Constenla e César Cambeiro protagonizan unha obra dirixida por Rosa Álvarez. O Florido Pénsil de Eme2, American Café de Tetro do Morcego; "E.R." (Algún día traballaremos xuntas) de Teatro do Atlántico son outras das función previstas para un escenario imprescindible na rede de espazos escénicos.