A VI Edición do Encontro de Escritores/as Novos/as, que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega, celébrase o vindeiro 17 de setembro na Sala Normal da Coruña. Da tinta á pegada dixital é o lema dun encontro no que haberá intervencións sobre as revistas literarias na era dixital, ou As revistas dixitais en Galiza: pasado, presente e futuro. Pola súa banda, en Vigo, os xoves seis e vinte de outubro e mais o tres de novembro, a Facultade de FiloloxÃa e Tradución da Universidade de Vigo acollerá as sesións do VI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, tamén coordinado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Desta volta, o lema escolleito é Literatura galega hoxe (alba de gloria ou solpor dos deuses): poesÃa, narrativa, teatro. Os escritores/as perante a crise.