Marcha Mundial das Mulleres, Mulleres Nacionalistas Galegas, Asembleia de Mulheres do Condado, Nomepisesofreghao e Rede Feminista Galega son os colectivos que protagonizarán a actividade central do Festival de Poesía do Condado. Trátase dun debate sobre a actualidade das loitas do movimento feminista, temática que este ano protagoniza o cita lírica mais importante do país. Son 25 edicións que este ano contará co tradicional recital poético no que este ano participan unha ducia de persoas entre as que destaca Ana Romaní, Sechu Sende, Xosé María Álvarez Cáccamo ou Andrea Nunes. Hoxe e máis mañá sucederanse as actividades lúdicas e culturais desta celebración poético musical.