Amal exhibirá 33 filmes na edición que se estende a outras localidades

A deseñadora exipcia Reem Naeim foi a gañadora do concurso de carteis deste ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cando cumpre nova edicións, o Festival Amal estende a súa programación cara outras localidades. Serán A Coruña (no MACUF), Lugo (no Museo Provincial), Ourense (Centro Cultural da Deputación) e Vigo (Marco) as que exhibirán un ciclo de Cine Experimental que, fiel á temática árabe que dá coherencia ao festival, permitirán levar o certame fóra de Compostela. Con respecto á sección oficial, a organización deu a coñecer onte os 33 filmes que competirán polos premios, entre os que destacan abondosas coproducións Euroárabes, e obras procedentes de Pastelina, Arxelia e Marrocos. A organización tamén destacou nunha nota de prensa que “Francia encabeza a participación dentro dos países non árabes”. A deseñadora exipcia Reem Naeim foi a gañadora do concurso de carteis deste ano. A cita do encontró terá lugar do 24 ao 29 de outubro en Santiago.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Amal, Cine, Macuf, Ourense...