Son xa dez edicións as que cumple Titirideza, o festival de marionetas de LalÃn que organizan a compañÃa Viravolta máis o Museo Galego da Marioneta sito neste concello pontevedresa. No programa desta volta haberá seis compañÃas, a metade delas chegadas desde Madrid (Tartana presenta Monstruos na maleta), México (coa compañÃa Guiñoleros de la UAS, Universidad Autónoma de Sinaloa, especializada en teatro de integración entre colectivos desfavorecidos, que nesta ocasión presenta La carpa de los dos colores) e Estremadura (con Cristóforo Colombo, agrupación argentina aÃnda que afincada en Estremadura, que pecha o cartel cun espectáculo de temática ecolóxica El Bosque ¿Mágico? ). Da banda galega están Danthea Teatro ( Pilichinela, titor de Pierrot), Artello (Cinederella MIx) e Babaluva (Cama e conto). Todas as funcións, que terán lugar entre o 25 eo 28 de agosto desenvolveranse no auditorio municipal agás a de Danthea que será na Praza da Igrexa.