Son libros especiais, diferenciados, con amplísimo traballo de investigación e documentación por detrás
e, por suposto, moi caros. Por iso, as editoras preparan relativamente pouco exemplares e abren escasas liñas deste tipo de producto case de delicatessen. Son libros que teñen auténtico interese cultural pero que teñen dificultades comerciais evidentes afirma Manuel Bragado, responsable da editorial Xerais, unha das beneficiadas desta convocatoria de axudas que permitirá que se materialicen obras que, doutro xeito, nunca verían a luz.
As axudas a grandes proxectos editoriais van dirixidas a aqueles que procuran a excelencia tanto polo que respecta á presentación formal, como polos propios contidos. As axudas inclúen novos soportes de edición, aínda que os beneficiarios desta liña de axudas de 2011, optan pola impresión tradicional en papel. Pero teñen outras características comúns estes proxectos que analizan desde a historia do fútbol en Galicia, a música que se facía nas catedrais ou un inventario de todos os xoguetes que hai no país.
A investigación
Ademais dos elevados custos deste tipo de traballos rebautizados como grandes proxectos editoriais, existe outro denominador común dos traballos presentados a esta liña de axudas. É o nivel de exhaustividade e rigorosidade da investigación que hai detrás de cada páxina deste tipo de publicacións. Ata tal punto, que algúns deles levan anos na cabeza dos seus editores. Era unha vella teima de Xerais coa que levábamos moito tempo a voltas, asegura Manuel Bragado para falar de Tastarabás, unha enciclopedia do xoguetes populares que superará o milleiro de páxinas de gran formato (tamaño A3). Trátase dunha publicación de 3.000 fotografías, de alta calidade, que se converterá nun libro de referencia, pensado para bibliotecas e bibliófilos asegura. Non se trata dunha publicación destinada ao gran público, nin un libro para pícaros, aínda que conteña a palabra xoguetes no título, xa que da man de Antón Cortizas, un dos especialistas en xogos e xoguetes populares máis acreditado que hai no país (autor doutra obra Chirlos Mirlos, editada por Xerais), documenta e explica cada un dos xogos. E iso implica desde a súa descrición e natureza, ata a forma de recollida de literatura de tradición oral, así como os textos literarios onde aparece referenciado. Para facer este proxecto, Xerais recibirá 7.695 euros.
Outro dos preto de corenta títulos subvencionados nesta convocatoria, e un dos proxectos que recibiu os importes mais elevados, é a liña de traballo de Armonía Universal Servizos Artísticos, unha empresa dirixida por Carlos Núñez, curmá do recoñecido gaiteiro. Cos 24.502 euros que recibirá sairán ao público entre o 2012 e o 2013 dez volumes agrupados en dúas series. Unha para recoller A música nas catedrais galegas e outra A música medieval en Galicia. Uns traballos que agrupan a preto dunha vintena de persoas que investiga, analiza e documenta a o patrimonio musical centrado en dúas etapas: o século XII e o século XVIII. Precisamente eses dous periodos porque son especialmente representativos da historia da música e porque en ambos os dous, ata Galicia chegaron importantes creadores musicais que deixaron agochados nos arquivos das catedrais a súa creación musical, explica Carlos Núñez. Por exemplo, detrás dos cinco volumes que recolle A música medieval hai un traballo de localización de libros que tiñan unhas peculiares cubertas. Eran os códices de pergameo que do século XII ao XV os músicos fixeron a súas notacións musicais e que os curas e monxes empregaron para encardernar xa que non sabían interpretar a música escrita en gótico e visigótico. O traballo iniciouse en Ourense (o resultado xa está editado) e con esta achega, a empresa Armonía Universal estende o traballo ás restantes provincias. Algo semellante co proxecto das Catedrais que, segundo Carlos Núñez, están agochadas con dentadas de ratos, manchas de humidade e mesmo case inconservables que, co apoio e colaboración dos arquiveiros, permitirá recuperar a música do século XVIII). Os dez volumes desta doble liña de traballo sairán do prelo entre este 2011 e finais de 2013.
Relacionado co patrimonio musical está a publicación que Ouvirmos pretende presentar ao publico para o primeiro trimestre de 2012 que, segundo Xosé Manuel Aldea, responsable da editora, reflexa a historia da música en Galicia. Tratarase dunha obra de referencia e de calidade que faga honora á historia da música galega, con moita presenza fotográfica e que incluirá unha grande escolma musical, aínda non temos moi claro se nunha memoria USB ou nun CD, que sirva de ilustración do que documenta o libro. A responsable de facer esa revisión á historia da música é a profesora Lorena López.
Outros dos proxectos máis laboriosos e que conta cunha maior contía económica por parte da consellaría de Cultura son as publicacións de corte humanista e relixioso que ultima a editorial Mendaur. Xoan Leira, o director de publicacións desta empresa radicada en Ourense explica que, os catro proxectos son continuidade dun macroproxecto que xa se beneficiara dunha convocatoria anterior e que, no fondo, o que pretende é facer a primeira biblia ilustrada. Isto significa que cada dous ou tres versículos faise unha ilustración que, segundo explica Leira, elabora Frei Luís Álvarez, un monxe de Oseira que é un gran artista. Nesta convocatoria realizaranse os libros bíblicos Números, Deuteronomio e Levítico que supoñen arredor de 1.500 páxinas e dos que se editarán arredor duns 1.000 exemplares.
Os altibaixos desta liña de axudas
Con todo, a política da Consellaría de Cultura nesta materia pasa por altibaixos. En 2008 a convocatoria incrementou 100.000 euros (quedando en preto de 300.000 euros) aos proxectos que logo se rebaixaron a 215.000 na convocatoria de 2009. En 2010 a contía volveu subir acadar outra vez as cifras do ano 2008, pero este ano volveron a baixar ata os 200.000 euros. Para proxectos deste calado son moi poucos cartos asegura Carlos Núñez beneficiario das contías máis alta desta edición. E ante os rumores de que os recortes acabarían por eliminar precisamente esta liña de axudas, fixo que os editores celebren esta convocatoria, aínda que sexa máis reducida porque, como asegura o propio Bragado son os mellores proxectos e os máis interesantes.