Unha lectura superficial dirÃa que Pucho Boedo foi o cantante dos Tamara, a quen a Coruña lembra con dúas estatuas (unha praza de Azárraga e outra no Ventorillo). Outra moito máis profunda evidenciarÃa que foi a banda sonora do paÃs, que cantou en galego e que liderou unha banda que chegou a ser formación residente no Olympia de ParÃs. Por iso hoxe, os cantantes Sito Sedes, Miguel Ladrón de Guevara e Paco Lodeiro, xunto coa Banda Municipal de Música e co escritor Xurxo Souto como presentador ofrecerán a súa particular homenaxe a Boedo. Esta noite (21:30 horas), a praza de MarÃa Pita soará ao ritmo de clásicos como Galicia terra nosa ou A Santiago voy .