A banda deseñada galega ultima nestes dÃas a saÃda do prelo de diferentes traballos. Xa está á venda nos Estados Unidos, Spider Island: Cloak and Dagger, tÃtulo superheróico da Marvel debuxado pola coruñesa Emma RÃos. Para a vindeira semana, o mercado francés recibirá o último álbum da triloxÃa da Mansión dos Murmurios, debuxada e coloreada por dous autores galegos, Tirso Cons e Javi Montes. Esta obra chegará aos quioscos galegos, na nosa lingua, nos vindeiros meses da man de El Patito. Un pouco máis tarde, para final de ano, José Domingo sacará coa editorial Bang o seu último traballo Aventuras de un oficinista japonés. Canto a novidades autoeditadas, Jano lanza unha homenaxe colectiva a La gorda de las galaxias, unha BD española dos 80. Entre os convidados, Guitián e Miguel Porto.