Esta semana arrincou en Galicia a rodaxe de Quérote pero, unha comedia formada por oito capÃtulos (dez minutos de duración) que conta as aventuras e desventuras dun grupo de amigos que rondan os trinta anos e non queren nin saber o que significa a palabra “adulto”. A serie está protagonizada pola actriz Tati GarcÃa, que encarna a Berta, unha moza atractiva, divertida que chega a revolucionar a vida dun grupo de amigos. O proxecto está dirixido polo comunicador Carlos GulÃas e entre as súas particularidades, destaca que está concibido para emitirse a través da rede. A rodaxe pódese seguir e comentar a través da súa propia web e as redes sociais.