Faktoría K desembarca en Viñetas con tres novidades de BD

Historias de Mestre Raposo 2, Me aburro e El señor Top son os novos lanzamentos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Historias de Mestre Raposo 2

Capa de Historias de Mestre Raposo 2

A editorial Faktoría K continúa coa súa aposta pola BD e chega a Viñetas desde o Atlántico con tres novas obras. Por unha banda lanza, en galego e en castelán, o segundo volume de Historias de Mestre Raposo, de Bruno Haitz, unha fábula de 48 páxinas a cor que sairá á venda por quince euros. Só con versión en castelán, verán a luz El Señor Top, unha obra do recentemente falecido debuxante chileno Fernando Krahn, e mais Me aburro, un relato visual con elementos de BD da man de Marc Rosenthal.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viñetas desde o Atlántico, Atlántico

Claves

Lugares