Espazos de represión esquecidos e transformados polo tempo. Este é o obxecto do traballo artístico da valenciá Ana Teresa Ortega. A súa exposición Cartografías silenciadas pode verse ata o vindeiro de novembro no Auditorio de Galicia, en Compostela, recollendo algúns deses lugares presentes no noso país.
Malia ás políticas de recuperación da memoria histórica, faltan aínda por identificar e sinalizar moitos dos espazos nos que a represión franquista concentrou, encadeou e torturou a moitas persoas. A seguir estas difíciles pegadas, Ana Teresa Ortega desenvolve desde 2005 un proxecto que mestura fotografía e documentación histórica. O proxecto Cartografías silenciadas amosa con imaxes a situación actual de moitos destes espazos, pondo de relevo o xeito no que a súa condición nos anos de guerra e de posguerra pasa totalmente inadvertida nos nosos días. Ademais, complementa estas imaxes con documentación relativa ao escuro pasado de lugares que hoxe poden ser institutos, mosteiros, espazos culturais ou simples ruínas.
Localizar e fotografar
O máis difícil deste proxecto foi localizar os espazos, explica esta fotógrafa. Para abordar o seu proxecto, Ortega contou algunhas investigacións recentes e coa documentación que se fixo accesible logo da apertura de arquivos militares sobre este período. O máis importante foi o material que atopei no Arquivo Xeral Militar de Ávila explica. O mapa da época que recollía os puntos onde se localizaban os hopitais de guerra, campos de concentración e batallóns de traballadores durante a contenda, así como o regulamento destes campos foron algúns dos principais achados que xurdiron de alí. Hai gráficos moi claros do funcionamento, e explicacións sobre como se distribuían e se clasificaban os prisioneiros, explica. Noutro arquivo, no Xeral da Administración, Ortega localizou algunhas das escasas fotografías que existen destes espazos. Tomábanas os propios presos ou os familiares, e non están identificados nin os lugares nin as persoas que aparecen, conclúe. Logo houbo que ir aos sitios nos que estaban estes espazos e tomar a imaxe, para isto moitas veces atopei a colaboración dos cidadáns de a pé, que colaboraban e me indicaban por onde ir. Queda todo por facer aínda neste campo. Ata que se desclasificaron os arquivos militares, hai menos de dez anos, estaba moito por escribir. A Lei da Memoria quedou moi corta e, agás poucas excepcións, estes campos non están recollidos nin contan con placas. A min parecíame importante darlles visibilidade a estes espazos, e para iso o único é amosalos mediante imaxes, conclúe a autora.
Os lugares galegos
En xeral, os espazos de represión galegos sitúanse nas proximidades da costa xa que na súa maior parte acollían presos da Fronte Norte, e os traslados facíanse por mar, lembra Ortega. No noso país atópanse os tres tipos de espazos que se dan en todo o estado. Existen campos de concentración, un campo de traballo e un espazo de fusilamentos. En concreto, o Campo da Rata, na Coruña, é o lugar destinado especificamente ás execucións, e o único que conta cun memorial ás vítimas da represión. O campo de traballo sitúabase en en Lavacolla, en Compostela. Os batallóns de traballadores encargánse de reparar as pitas de aterraxe. O lugar onde vivían é agora unha finca privada, e como está prohibido fotografar aeroportos foime difícil conseguir unha boa toma da pista de aterrraxe, lembra Ortega. A nivel de campos de Concentración, esta investigadora destaca o caso de Camposancos, na Guarda era onde se cumprían as condenas a morte dos presos da fornte Norte que tiñan responsabilidades militares ou sindicais, explica. Canda a este tivo unha grande importancia a Illa de San Simón. Contan coas súas especificidades o mosteiro de Leiro, que acolleu abondosos presos da fronte de Cataluña, xa ao final da guerra, ou Celanova, que foi prisión para moitos galegos canda a combatentes e represaliados da Fronte Norte. En Rianxo, as autoridades franquistas optaron por instalar o campo de concentración nunha antiga fábrica de salazón, que, malia a estar documentada hai xa varios anos, non escapou á acción do urbanismo e foi derrubada.
A mostra
A chegada da exposición de Ana Teresa Ortega a Galicia reúne por vez primeira, baixo o comisariado de Chus Martínez Domínguez a totalidade das imaxes vencelladas a este proxecto. O auditorio de Galicia recolle así fotografías a cor de 71 lugares da represión na actualidade, canda a planos, documentos e imaxes da época que os contextualizan. A mostra está aberta ao público ata o vindeiro vinte de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago.
Presentación de Cartografías silenciadas.Malia ás políticas de recuperación da memoria histórica, faltan aínda por identificar e sinalizar moitos dos espazos nos que a represión franquista concentrou, encadeou e torturou a moitas persoas. A seguir estas difíciles pegadas, Ana Teresa Ortega desenvolve desde 2005 un proxecto que mestura fotografía e documentación histórica. O proxecto Cartografías silenciadas amosa con imaxes a situación actual de moitos destes espazos, pondo de relevo o xeito no que a súa condición nos anos de guerra e de posguerra pasa totalmente inadvertida nos nosos días. Ademais, complementa estas imaxes con documentación relativa ao escuro pasado de lugares que hoxe poden ser institutos, mosteiros, espazos culturais ou simples ruínas.
Localizar e fotografar
O máis difícil deste proxecto foi localizar os espazos, explica esta fotógrafa. Para abordar o seu proxecto, Ortega contou algunhas investigacións recentes e coa documentación que se fixo accesible logo da apertura de arquivos militares sobre este período. O máis importante foi o material que atopei no Arquivo Xeral Militar de Ávila explica. O mapa da época que recollía os puntos onde se localizaban os hopitais de guerra, campos de concentración e batallóns de traballadores durante a contenda, así como o regulamento destes campos foron algúns dos principais achados que xurdiron de alí. Hai gráficos moi claros do funcionamento, e explicacións sobre como se distribuían e se clasificaban os prisioneiros, explica. Noutro arquivo, no Xeral da Administración, Ortega localizou algunhas das escasas fotografías que existen destes espazos. Tomábanas os propios presos ou os familiares, e non están identificados nin os lugares nin as persoas que aparecen, conclúe. Logo houbo que ir aos sitios nos que estaban estes espazos e tomar a imaxe, para isto moitas veces atopei a colaboración dos cidadáns de a pé, que colaboraban e me indicaban por onde ir. Queda todo por facer aínda neste campo. Ata que se desclasificaron os arquivos militares, hai menos de dez anos, estaba moito por escribir. A Lei da Memoria quedou moi corta e, agás poucas excepcións, estes campos non están recollidos nin contan con placas. A min parecíame importante darlles visibilidade a estes espazos, e para iso o único é amosalos mediante imaxes, conclúe a autora.
Os lugares galegos
En xeral, os espazos de represión galegos sitúanse nas proximidades da costa xa que na súa maior parte acollían presos da Fronte Norte, e os traslados facíanse por mar, lembra Ortega. No noso país atópanse os tres tipos de espazos que se dan en todo o estado. Existen campos de concentración, un campo de traballo e un espazo de fusilamentos. En concreto, o Campo da Rata, na Coruña, é o lugar destinado especificamente ás execucións, e o único que conta cun memorial ás vítimas da represión. O campo de traballo sitúabase en en Lavacolla, en Compostela. Os batallóns de traballadores encargánse de reparar as pitas de aterraxe. O lugar onde vivían é agora unha finca privada, e como está prohibido fotografar aeroportos foime difícil conseguir unha boa toma da pista de aterrraxe, lembra Ortega. A nivel de campos de Concentración, esta investigadora destaca o caso de Camposancos, na Guarda era onde se cumprían as condenas a morte dos presos da fornte Norte que tiñan responsabilidades militares ou sindicais, explica. Canda a este tivo unha grande importancia a Illa de San Simón. Contan coas súas especificidades o mosteiro de Leiro, que acolleu abondosos presos da fronte de Cataluña, xa ao final da guerra, ou Celanova, que foi prisión para moitos galegos canda a combatentes e represaliados da Fronte Norte. En Rianxo, as autoridades franquistas optaron por instalar o campo de concentración nunha antiga fábrica de salazón, que, malia a estar documentada hai xa varios anos, non escapou á acción do urbanismo e foi derrubada.
A mostra
A chegada da exposición de Ana Teresa Ortega a Galicia reúne por vez primeira, baixo o comisariado de Chus Martínez Domínguez a totalidade das imaxes vencelladas a este proxecto. O auditorio de Galicia recolle así fotografías a cor de 71 lugares da represión na actualidade, canda a planos, documentos e imaxes da época que os contextualizan. A mostra está aberta ao público ata o vindeiro vinte de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago.
Galería: Cartografías silenciadas.
Illa de San Simón, Pontevedra. Fotografía de Ana Teresa Ortega
Restos de fábrica de salazón en Rianxo, A Coruña.
Fotografía de Ana Teresa Ortega
Mosteiro de Santa María de Oia, Pontevedra.
Fotografía de Ana Teresa Ortega
Camposancos, A Guarda.
Fotografía de Ana Teresa Ortega
Campo da Rata, A Coruña.
Fotografía de Ana Teresa Ortega