Unha BD para o xogo de mesa Battleship Galaxies, da empresa americana Hasbro, é o último traballo do vigués Álex Cal en Estados Unidos. A BD, de ambientación futurista, vai incluída na caixa do xogo. Tamén chegan novos de proxectos de Miguel Porto, que achegou unha historia á antoloxía de BD Yes we camp, editada por Dibbuks e que retrata desde a Novena Arte a experiencia do movemento 15-M. Pola súa banda, Alberto Guitián inicia este mesmo mes unha colaboración de BD dunha páxina na revista Fotogramas, con guión de John Tones. Finalmente, a viguesa Violeta recibirá o vindeiro mes de setembro o premio á mellor debuxante erótica do Estado que lle outorgou o Festival de Cómic de Málaga.