Continúa a xeira de faladoiros que o Consello da Cultura Galega está a lle dedicar a Álvaro Cunqueiro con ocasión do seu centenario. O vindeiro día 4 será a Casa da Xuventude de Mondoñedo a que acolla, a partir das 20:30 horas, a sesión dedicada a Boticas, menciña e maxia. César Cunqueiro, Francisco Díaz-Fierros, Ángel Vázquez de la Cruz e Xosé Ramón Mariño Ferro analizarán a pegada destas cuestións na obra do autor. Ortigueira continuará o ciclo co faladoiro Guerra e literatura. Será a partir das 21 hora no Teatro da Beneficiencia onde Henrique Monteagudo, Carlos González Reigosa, Eloy Fernández Clemente, Dolores Vilavedra, Fermín Bouza Álvarez e Ramón Villares debaterán sobre esta cuestión.