A comezos deste ano, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino presentaba a obra El valor del paisaje, un amplo catálogo en dous volumes que recollía 210 iniciativas de posta en valor de espazos rurais de todo o Estado medianto o valor deste elemento. Entre os escolleitos para este proxecto atopábanse diferentes iniciativas galegas, incluíndo unha promovida desde Culturagalega.org.
Analizar as posibilidades da paisaxe de cara ao desenvolvemento rural en todo o Estado, fornecendo exemplos de iniciativas anovadoras. Esta foi o obxectivo co que se puxo a andar o proxecto que cristalizaría neste catálogo. Dous anos de traballo con colaboracións por todo o estado deron máis de medio cento de propostas, que se foron filtrando ata reducilas finalmente a 210. Entre outros criterios, a selección tivo en conta a capacidade das iniciativas para se extrapolar de xeito real ao desenvolvemento rural ou o seu carácter innovador, segundo ten explicado Eduardo Crespo, coordinador do proxecto na presentación da obra. Non existía ningunha información en España sobre o papel da paisaxe no desenvolvemento rural, dediciuse facer un inventario para detectar qué iniciativas se desenvolveran para rescatar as paisaxes como patrimonio dos territorios.
Recuperación de espazos industriais, rutas literarias, experiencias con antigos oficios e cultivos, centros de interpretación da natureza ou instalacións de land art son só algunhas das propostas que se recollen na obra. No noso país, en concreto, atopamos algunhas iniciativas que acadaron un amplo eco social canda a outras que apenas superaron o alcance local. Para alén de propostas sobre espazos concretos, descubrimos neste catálogo iniciativas que apostan por ensinarnos a percibir dun xeito diferente o noso contorno.
Proxecto Terra
A iniciativa do Colexio de Arquitectos de Galicia leva xa dez anos a traballar a arquitectura e mais a identidade territorial en diferentes ciclos de ensino obrigatorio por todo o País. Exposicións, actividades, visitas guiadas, publicacións e materiais didácticos son algunhas das propostas que desenvolveu ao longo da última década este coñecido proxecto que pretende concienciar a sociedade da nosa relación co territorio e promove propostas urbanísticas responsables.
Web do Proxecto Terra
Reportaxe sobre a posta en marcha do Proxecto Terra
Mapa da paisaxe sonora de Galicia
A aposta do colectivo Escoitar.org para crear na rede un mapa sonoro do país aberto á participación de todos os interesados chamou a atención dos compiladores deste catálogo. Falamos dunha iniciativa que convida a se fixar no aspecto acústico do noso contorno e para isto achega unha selección de sons xeolocalizados de todo o país.
Web de Escoitar.org
Reportaxe sobre o Mapa da Paisaxe Sonora de Galicia
120 anos de poesía na Costa da Morte
A proposta de xeolocalizar poemas de autores da costa da morte nos propios lugares aos que fan referencia desenvolveuse desde culturagalega.org e é outra das propostas que se recollen neste catálogo. Un xeito diferente de mesturar paisaxe e literatura que xurdiu a partir da antoloxía De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte , coordinada por Miro Villar e Modesto Fraga.
O noso Mapa poético da Costa da Morte
Polo Salnés con Ramón Cabanillas
A seguir coa poesía, chamou a atención dos promotores desta escolma de iniciativas paisaxísticas a exposición Polo Salnés con Ramón Cabanillas que se celebrou en Vilagarcía en Maio de 2009 e que visitou despois o Museo Verbum de Vigo. Na proposta, once fotógrafos da comarca realizaron tomas a partir de poemas do autor galego, amosando espazos e elementos propios da zona.
Inauguración da mostra no blog Fotoxoguete
A exposición en Xornal Galicia
O mapa emocional de Arousa Norte
A partir do traballo do artista inglés Christian Nold co Bio Mapping, este proxecto recolleu as reaccións emotivas de diferentes visitantes nunha serie de roteiros pola comarca. A partir desta información, dispoñible na rede, preténdese coñecer polo miúdo as emocións xeradas polos distintos estímulos que se atopan no camiño. A partir destes datos, prevese realizar intervencións, xa sexan artísticas, culturais ou deportivas, de cara a optimizar a experiencia turística.
Web do Mapa Emocional de Arousa Norte
O bosque na canteira
En 2006, a canteira Monte da Costa, en Arteixo, acolleu unha curiosa intervención artística. A Cámara Mineira de Galicia apostou polo traballo de Camilo Rodríguez Vidal para desenvolver unha instalación de land-art que puxese en valor esta explotación. Rodríguez Vidal creou unha trintena de árbores pétreos de varios metros de altura compostos por blocos de granito extraídos do propio lugar e que podían ser visitados.
Tríptico de presentación de O Bosque
As oliveiras de Quiroga
A recuperación da produción tradicional de aceite da comarca de Quiroga, en Lugo, foi outra das propostas das que se fai eco o catálogo. A rehabilitación de muíños e elementos do patrmionio etnográfico, a Mostra do Aceite e a posta en valor das tradicións vencelladas a este cultivo son algúns dos elementos que se destacan neste catálogo.
Programa da Mostra do Aceite de Quiroga 2011
Galicia dende o mar
Esta serie documental que emitiu a TVG en 2009 percorre con vistas aéreas e marítimas a paisaxe litoral do noso país. Con comentarios de xeógrafos e investigadores do noso medio físico, os capítulos afondan tamén na ordenación do territorio como resultado da actividade humana.
Información e capítulos de Galicia dende o mar no web da CRTVG
Xardín Botánico da Escravitude
A finca da casa reitoral da Escravitude transformouse nun pequeno xardín botánico que recolle 170 especies, integrando elementos patrimoniais como a igrexa do lugar e o veciño Camiño Portugués, con valores ambientais e pasiaxísticos. O proxecto, promovidos desde a Fundación Paideia, quere favorecer o desenvolvemento de propostas turísticas sustentables na zona.
Memoria descriptiva do proxecto do Xardín Botánico da Escravitude
Área arqueolóxica de Tourón
Amosar os petróglifos de Tourón, Ponte Caldelas, en relación coa paisaxe na que foron creados. Este é o obxectivo desta desta área arqueolóxica, na que se crearon puntos de información e se procurou a eliminación de especies autóctonas con vistas a recrear o contorno orixinal destes gravados rupestres. A iniciativa municipal pretende dar a coñecer estes bens para os visitantes ao tempo que procura crear vencellos na población da zona co espazo natural e mais co patrmionio.
Web dos Petróglifos de Tourón