Retrato de Roger Penrose, por Jerry Bauer
O matemático Roger Penrose, profesor emérito na Universidade de Oxford, é o gañador do Premio Fonseca de Divulgación CientÃfica na súa cuarta edición. O xurado do galardón, que convocan o Consorcio e mais a Universidade de Santiago, anunciaba esta mañá o veredicto destacando o carácter multidisciplinar do traballo do premiado, que toca ámbitos que van da matemática á neuroloxÃa a pasar pola fÃsica teórica. Para alén, e segundo apuntou o fÃsico Jorge Mira, voceiro do galardón, Penrose destaca pola súa capacidade divulgativa internacional, con obras traducidas aos principais idiomas do mundo que acadan "levar ao público a sensación de estar na fronteira do coñecemento actual".
O reitor da USC, Juan Casares Long, pola súa banda, destacou a capacidade do homenaxeado de arriscar nas súas propostas sen abandonar nunca o razonamento cientÃfico e salientou a importancia de contar con figuras de primeira orde para favorecer a visbilidade do premio.
Entre outras obras, Penrose é autor de obras como
A mente nova do emperador ,
As sombras da mente , ou
A natureza do espazo e do tempo en colaboración con Stephen Hawking, con quen tamén desenvolveu traballos teóricos para vencellar a teorÃa da relatividade xeral coa do Big Bang. Ademais, ten recibido galardóns tan prestixiosos como o premio Wolf, o premio Dirac ou a medalla Copley.