A Xustiza decide liquidar Promocións Culturais Galegas, editora de A Nosa Terra

O web e a editorial non pecharán ata "setembro ou outubro"

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O controvertido peche da Promocións Culturais Galegas, a empresa editora do histórico semanario A Nosa Terra e de Edicións A Nosa Terra, está xa nos seus últimos episodios. O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra decidiu a liquidación da empresa Promocións Culturais Galegas e deixa a compañía baixo a dirección do administrador concursal, Carlos Álvarez, que tomará as últimas decisións ao respecto. Afonso Eiré, director de A Nosa Terra, non quixo facer declaracións e remitiu ás decisións sobre a empresa ao administrador concursal, pero sinalou que os servizos informativos do web poderían estar activos ata "setembro ou outubro".

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Nosa Terra, Carlos Álvarez, Pontevedra

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares