Manuel Antonio Piñeiro faise co premio Manuel García Barros coa obra As fiandeiras

A galega Rebeca Saray é unha das seleccionadas no certame Fotoactitudes

Cunha historia ambientada nos tempos das revoltas cantonais do XIX o ribeirense Manuel Antonio Piñeiro acaba de gañar o premio Manuel García Barros. A historia titúlase As fiandeiras e o xurado valorou da súa redacción que é “intensa, reveladora e sutil”. Doutra banda, a fotógrafa galega Rebeca Saray foi unha das gañadoras do concurso Fotoactitudes, de Johnie Walker e Notodo.com. O premio consiste en asistir a unha masterclass dun coñecido fotógrafo de moda que previamente lanzou un reto. No caso da fotógrafa galega, asistirá a unha sesión de traballo de Eugenio Recuenco.

Ligazóns