O Padroado da Fundación Curros EnrÃquez decidiu onte concederlle a 27ª edición do Premio Celanova Casa dos Poetas ao gaiteiro Carlos Núñez. “A súa contribución á dignificación e á internacionalización da cultura galega a través dun instrumento tan propio da nosa tradición musical como é a gaita”. O gaiteiro recibirá o seu galardón o 4 de setembro cando recibirá unha escultura de Acisclo Manzano e un diploma.