Arrincan os traballos de documentación do petróglifo de Pé de Mula en Mondariz

Contén un dos maiores labirintos documentado en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Un dos labirintos de Pé de Mula. Foto: Ángel de Prado

Un dos labirintos de Pé de Mula. Foto: Ángel de Prado

Este domingo iniciáronse os traballos para a recuperación e documentación do petróglifo de Pé de Mula, na parroquia mondaricense de Sabaxáns. O primeiro paso do proceso foi unha multitudinaria conferencia aos veciños impartida polo director do proxecto, o arqueólogo Alberte Reboreda, acompañado polos expertos Francisco X. Costas Goberna e Antonio de la Peña, no que a xente de Sabaxáns puido coñecer a relevancia do sitio arqueolóxico. O equipo realizará un escaneado 3D do conxunto de petróglifos, limparano e elaborarán un documento que indique as medidas máis urxentes de cara a súa conservación. Nos traballos participan a Universidade de Vigo e a Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais de Pontevedra.

 Foto: Ángel de Prado
1/3
 Foto: Ángel de Prado
2/3
 Foto: Ángel de Prado
3/3

A laxe na que foron descubertos os petróglifos polos afeccionados á arqueoloxía Ángel de Prado e Manuel Ledo contén dous petróglifos labirintiformes en desigual estado de conservación. O máis importante acada un diámetro de 1'70 metros de lonxitude, o que o convirte no meirande de todos os documentados ata o momento en Galicia. Ademáis, aparecen outros motivos que acompañan a estas dúas grandes repreentacións. Os traballos rematarán a vindeira semana. Co material xenerado do proxecto farase unha exposición que se abrirá na parroquia de Sabaxáns e no balneario de Mondariz.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondariz, Universidade de Vigo, Pontevedra, Arqueoloxía

Claves

Conceptos