Tras o armario da Idade Media

Carlos Callón guíanos pola Compostela que garda historias da homosexualidade medieval

Co ensaio Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, o filólogo e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón (Ribeira, 1978) achégase ao descoñecido mundo da homosexualidade na Idade Media galega. Para Callón, na Alta Idade Media existía un clima moito máis propicio á homosexualidade que comezou a crebarse, a instancias do poder relixioso, na Baixa Idade Media, entre o século XI e o XV. Paseamos con Callón polas rúas de Compostela para coñecermos máis en detalle algunhas das interesantes historias deste libro nos mesmos espazos nos que sucederon, hai centos de anos.



A Compostela medieval está chea de referencias históricas que permiten comprender a evolución do pensamento da Igrexa e da sociedade cara a homosexualidade ao longo de centos de anos. Carlos Callón deseñou un roteiro que permite coñecer historias persoais e cambios culturais a través das pedras e rúas da cidade vella de Compostela.

1. Pórtico de Praterías (Catedral de Santiago)

Precisas o FlashPlayer para ver o video.



Callón inicia o roteiro contándonos a doble dirección do libro: mentres a Igrexa "creou unha historia contra o sexo", na Biblia advírtense numerosos relatos de unións entre persoas do mesmo sexo, que se exemplifican na unión entre David e Ionatán.

2. Praza da Quintana (Catedral de Santiago)

Precisas o FlashPlayer para ver o video.



Carlos Callón conta a historia do bispo de Iria Flavia Adaúlfo, que foi acusado polos seus criados de sodomía e como a lenda final ilustra un relato sobre a tolerancia.

3. Igrexa de San Paio

Precisas o FlashPlayer para ver o video.



San Paio é un dos santos galegos con máis advocacións. Callón defende que se imos ás fontes orixinais da súa lenda, atopamos que o pecado do seu martirio non era deitarse con outro home, senón deitarse cun home que non era cristián. Callón relata o proceso de evolución da figura e da percepción do santo, eliminando os seus rasgos máis sexuais.

4. Rúa da Moeda Vella

Precisas o FlashPlayer para ver o video.



A Rúa da Moeda Vella era unha rúa de prostitución no século XIII. Nesta rúa viviron dúas mulleres, acusadas por un trobador do seu "amor". Chamábanse Sancha e María. As mulleres non podían casar entre elas pero aí está a mención á súa convivencia.

5. Convento de San Domingos de Bonaval

Precisas o FlashPlayer para ver o video.



O lugar de orixe do trobador Bernal de Bonaval. "O que é estraño e curioso é que Afonso X di que o trobar deste autor non é natural", afirma Carlos Callón.

Con Amigos e sodomitas, Callón gañou o premio de ensaio Vicente Risco. O roteiro foi gravado a semana pasada neste acuático verán compostelán.