Son vinte e seis anos dedicados as artes escénicas. Viron nacer o teatro profesional galego, vírono tamén medrar e agora esmorecer coa crise. A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia abre mañá as súas portas con espectáculos independentes e de calidade (premiados en eventos como os Premios MAX), cun aceno cómplice a Iberoamérica (fai parte da rede Iberescena) e a entrega do Premio Abrente á compañía Chévere pola súa traxectoria nun momento complicado no que anuncian o peche do seu espazo físico. Ábrese o pano con máis incertidume dos últimos tempos.
Estamos nun momento moi complicado, no que os recortes afectan á cultura, e sobre todo ás artes escénicas e nos que, a diferenza do que acontece noutros territorios, non existe unha política cultural clara e decidida da Xunta de Galicia que entenda que a cultura é un investimento non un gasto. Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ten moi claro o valor económico e simbólico do tecido cultural, ao mesmo tempo que hai que ofrecer espectáculos de calidade. Non debemos subestimar nunca ao noso público afirma. Por iso, a vixésimo sexta edición da MIT non renuncia aos seus principios de calidade e ofrece espectáculos de primeiro nivel, como Macbeth (no que participa Helena Pimenta) ou Kamikaze, os grandes triunfadores nos premios Max 2010. Ou mesmo, estreas absolutas, como Muuu, coa que Yllana Teatro (compañía madrileña gañadora do premio do público o ano pasado), recupera un espectáculo sobre a tauromaquia, co que se estreou hai vinte anos.
A aposta pola coprodución e por Iberoamérica
En total, son vinte montaxes que conforman o programa dunha edición da MIT que volve apostar por Iberoamérica. Renovamos o convenio que nos inclúe dentro da rede de Iberoescena e que nos concede 12.000 euros, moi necesarios para estes tempos de crise puntualiza Roberto Pascual. É grazas a este convenio que poidan programar A razón blindada o espectáculo multipremiado da compañía ecuatoriana Malayerba. Unha montaxe que aborda a tiranía a partires de dous presos políticos que se xuntan os domingos no solpor para se contaron as historia de Don Quixote e de Sancho Panza. Canda esta produción poderá compañía arxentina El Rayo Misterioso ou o Laboratorio escénico Univalle de Colombia
A MIT non continua coa liña iniciada en 2010 (ano no que se celebraban as vodas de prata do encontro e que elaborou con Ónfalo Teatro grazas á que representaron Na meta. Sálvese quen poida) e non poñerá sobre o seu escenario unha coprodución. Sen embargo, o seu director ten moi claro que en época de crise son necesarias as coproducións (no cartel deste ano hai varios espectáculos que se acollen a esta fórmula), e optar por modelos de xestión que impliquen á cidadanía e redunden no valor económico e simbólico das artes escénicas.
Premios que endozan amarguras
Premio, pregón e función. A compañía Chévere ocupa un papel central na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Na acta do premio, apunta o director da MIT, quixemos destacar o prestixio que Chévere lle concedeu á cultura galega e tampouco será doado poñerlle cancelas á súa creatividade, ambición e compromiso. Patricia de Lorenzo, integrante da compañía destaca que recibimos encantados o premio Abrente e para nós é moi emotivo, porque chega precisamente no momento no que se pecha un ciclo que viviu Chévere. Precisamente, sobre creación e crise tratará o seu pregón que, segundo Patricia, terá o particular estilo da compañía con moito humor. Días máis tarde, Chévere volverá ao escenario do Castelo, para poñer en escena o último e máis destacado espectáculo da compañía Citizen completo. Tres horas e media de teatro, acompañado de tecnoloxía electrodoméstica, que narra o ascenso dun empresario téxtil (bautizado como A.O.) inversamente proporcional ao declive do seu pobo. Con dous descansos, será a primeira vez que a montaxe sae da Sala Nasa. Pero non será a única, xa que tralo malogrado intento por varios programadores galegos (como a Rede Galega de Teatros e Auditorios ten no seu regulamento un mínimo de función, ao final as petición non chegaron a coincidir no mesmo semestre e non houbo posibilidade de contratación), Chévere levará a súa fusión da súa triloxía nun único espectáculo a varios escenarios españois. Acontece que a marcha Chévere e Sala Nasa suscita moito interese fóra de Galicia apunta Patricia de Lorenzo. Con todo, serán unhas función que non evitarán esquecer o mal ano da Sala Nasa que se concretou co peche do seu escenario na Rúa Cabo Sam Lourenzo, aínda que o proxecto seguirá, ben en Santiago, ben noutro concello.
Programa Mostra de Teatro de Ribadavia.Estamos nun momento moi complicado, no que os recortes afectan á cultura, e sobre todo ás artes escénicas e nos que, a diferenza do que acontece noutros territorios, non existe unha política cultural clara e decidida da Xunta de Galicia que entenda que a cultura é un investimento non un gasto. Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ten moi claro o valor económico e simbólico do tecido cultural, ao mesmo tempo que hai que ofrecer espectáculos de calidade. Non debemos subestimar nunca ao noso público afirma. Por iso, a vixésimo sexta edición da MIT non renuncia aos seus principios de calidade e ofrece espectáculos de primeiro nivel, como Macbeth (no que participa Helena Pimenta) ou Kamikaze, os grandes triunfadores nos premios Max 2010. Ou mesmo, estreas absolutas, como Muuu, coa que Yllana Teatro (compañía madrileña gañadora do premio do público o ano pasado), recupera un espectáculo sobre a tauromaquia, co que se estreou hai vinte anos.