O 4 % da poboación lectora española que le en máis dunha lingua escolle o galego como idioma de lectura de xeito habitual ou ocasional por detrás do castelán, inglés, catalán e francés. Asà se desprende dos datos achegados polo Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros en España correspondente ao primeiro semestre de 2011 e no que o 47,1% dos lectores declara ler en dúas ou máis linguas (castelán e outra/s), unha redución fronte ao 52,9% do informe de 2010. Este estudio encargado pola Federación de Gremios de Editores de España deixa asà este indicador da lectura en galego rebaixando en 0,4% ao resultante do ano 2010. En clave galega o Barómetro achega tamén que a valoración que os galegos facemos do noso sistema bibliotecario puntúase nun 7,87 lixeiramente superior á media española que está nun 7,83.