Corenta quioscos galegos achegarán aos seus clientes unha selección de libros na nosa lingua no marco do proxecto Lonxa das Letras. A iniciativa permitirá que estes establecementos conten cunha selección de tÃtulos que polo de agora fai parte do catálogo das editoras Xerais e Galaxia. Ademais dos dispoñibles en cada quiosco, os clientes poderán mercar libros ou CDs no web Lonxadasletras.com e recollelos nestes puntos de venda sen pagar gastos de envÃo. De cara ao futuro, a iniciativa prevé ampliar o seu catálogo a libros electrónicos e obras en castelán.
A iniciativa, que quere favorecer ademais o emprego de persoas con discapacidades, permitirá un máis fácil acceso a produtos culturais na nosa lingua mesmo fóra de Galicia, xa que a rede de distribución do proxecto chega a quioscos de toda a PenÃnsula. No web Lonxadasletras.com lÃstanse os tÃtulos dispoñibles no proxecto, que nace da Rede Galega de Quioscos, integrada no grupo Galega de EconomÃa Social. A Alameda de Santiago acolle mañá, a partir das 11 horas, a presentación da Lonxa, nun acto que contará coa presenza de Anxo Queiruga e Xavier Alcalá.