Editores de Galicia, Euskadi e Cataluña reúnense desde esta tarde e ata o vindeiro domingo na Illa de San Simón no Foro Galeusca de Editores 2011. O encontro céntrase desta volta no Libro e na Lectura, e ao longo do evento presentaranse diferentes propostas de dinamización lectora chegadas desde o sector público, as editoriais, o tecido social ou por entidades alleas ao sector en catro paneis. Cos resultados destes coloquios os editores pretenden elaborar unha serie de conclusións que recollan a experiencia. De xeito paralelo celebraranse encontros entre os responsables de empresas do sector.