“É a partida de bautismo de Galicia como nación cultural en Europa”. Asà de categórico se expresa o presidente do Consello da Cultura Galega, o historiador Ramón Villares, sobre a desaparición do Códice Calixtino. A ausencia do libro no Arquivo da Catedral de Santiago, detectada o pasado martes, supón un golpe inaudito ao patrimonio do paÃs, e leva a repensar as medidas de protección para os nosos bens mobles.
Un manuscrito de valor incalculable. A desaparición do Códice Calixitino que se custodiaba no Arquivo da Catedral supón unha perda inédita na nosa cultura. Segundo recoñece Daniel Buján, director da Biblioteca de Galicia, “estamos todos un pouco abraiados con esta desaparición, eu cando o lin esta mañá non o crÃa, parece imposible. “É un libro insubstituÃble, trátase da única copia que se conserva en Galicia do orixinal, aÃnda que hai versións posteriores”. Ramón Villares, pola súa banda, chama á tranquilidade sobre o sucedido. “É lamentable, é unha perda e agardo que se recupere. Pero é algo que pode acontecer, non hai que dramatizar. Hai outras copias, e nese sentido é máis unha perda para o patrimonio mobiliario da Igrexa e do conxunto da cultura galega. Agora, culturalmente supón unha perda moi grande, porque ten non só un valor material senón un valor referencial e simbólico.”
A importancia simbólica
Precisamente a importancia simbólica da obra é a máis salientada polos especialistas consultados á hora de falar da obra. Buján sinala que “ten importancia porque é a primeira guÃa do Camiño de Santiago, e logo porque é simbólico para Galicia. Fala do noso paÃs como centro de peregrinación, co que representa un fenómeno que foi en boa medida unha das bases da nosa cultura”. Villares aÃnda é máis categórico ao afirmar que “é como a partida de bautismo do nacemento de Galicia como unha nación cultural europea. Supón a primeira definición cabal de Galicia. Por vez primeira dise `aquà comeza a terra dos galegos´ e defÃnesenos como semellantes aos francos. Di que os galegos son un pouco litixiosos pero os máis cultos da PenÃnsula Ibérica. Non é a ollada dun imperio sobre unha colonia, como o eran as referencias de Estrabón a Galicia. O Códice recolle a ollada dun igual sobre outro igual”.
Incomparable
A comparar a pegada do texto coa doutras obras, afirma que “na cultura española podiamos falar sobre o Poema do MÃo Cid ou textos parecidos. Na nosa cultura en todo caso citariamos a Historia Compostelana como un texto de similar importancia”. Como obra semellante ao Códice no noso paÃs, José Miguel Andrade Cernadas, profesor da historia medieval da Universidade de Santiago, salienta a importancia do Tumbo A da Catedral. “É unha compilación de documentos que confirmaban o poder económico e polÃtico desta institución, recollendo doazóns de Reis a favor do templo e ten unha importancia extraordinaria. Non chega á transcendencia do Liber sancti iacobii pero é tamén moi importante”. De xeito curioso, polo común as dúas obras se custodian xuntas no arquivo, o que dá idea da importancia deste Tumbo, que polo momento está a salvo.
A pegada europea
Malia ao carácter especial que reviste para o noso paÃs o libro desaparecido, non debemos esquecer que esta perda ten un alcance internacional e sitúa o noso paÃs no punto de mira dos principais organismos mundiais sobre bibliofilia e patrimonio. “A obra tivo unha grande influencia na cultura europea do século XII, en parte pola participación directa ou indirecta do que logo serÃa o Papa Calixto II na súa elaboración. Danse todas as circunstancias para converter o Liber Sancti Iacobii nun texto referencial da cultura europea”, lembra Villares. Pola súa banda, José Miguel Andrade apunta no mesmo sentido que “a importancia desta obra non é só para a cultura galega, senón para a europea e universal. É produto dunha das época máis importantes da Igrexa Compostelá en toda a súa historia, cando Santiago acada unha dimensión extraordinaria, no conxunto da igrexa hispana e europea, cando se produce o que está considerado un momento cenital das peregrinacións”. Tamén Xosé LuÃs Axeitos, arquiveiro da Real Academia Galega, salientaba recentemente a súa importancia a falar sobre a exposición Ex Libris Gallaeciae, que se puido ver recentemente na Cidade da Cultura. “Hai cinco exemplares completos en todo o mundo. É unha obra emblemática de toda a fundación europea do Camiño de Santiago”.
Pensar a seguridade
A desaparición supón tamén unha chamada de atención sobre a protección do noso patrimonio moble. En concreto, o director da Biblioteca de Galicia anuncia xa a súa intención de mellorar a protección dos bens que custodia este organismo. “Estou a pensar xa en meter medidas de seguridade novas, non temos nada asà roubable con ese valor, pero vou falar coa PolicÃa para ver que podemos facer a ese respecto. Contamos xa cunha cámara de seguridade pero visto o perigo que sofren estas cousas tentaremos traballar nas garantÃas nese aspecto todo o que poidamos e mellorar os criterios de seguridade para o futuro”. Pola súa banda, Villares sinala que o acontecido “debe servirnos como unha alerta para ver a situación na que está grande parte do noso patrimonio mobiliario e documental. Non dirÃa que se atopa desprotexido, pero si poderiamos falar dunha situación de vulnerabilidade. Isto ponnos na pista da necesidade de facer un esforzo institucional e polÃtico para protexer mellor o noso propio patrimonio”.