Unha publicación documenta e analiza a relación entre a emigración e a educación

Son as actas dun congreso que estudou un movimento que financiou 300 escolas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

“Marca un antes e un despois do que se sabe sobre a relación entre emigración e educación”, explicou Ramón Villares, historiador e presidente do Consello da Cultura Galega, na presentación das actas do Congreso “Emigración e Educación (1900-1936)”. Unha actividade promovida por unha entidade local, o Instituto de Estudos Miñoranos, que acaba de editar un volume que recolle, entre outras cousas, como a emigración incentivou a alfabetización posterior que chegou a financiar a construción e o mantemento dunhas 300 escolas no primeiro terzo do século XX. O congreso celebrouse en Nigrán no ano 2009 co gallo do centenario da creación das Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor e nel participaron destacados historiadores como Dionisio Pereira, Xosé Manuel Malheiro (coordinador da publicación), Pilar Cagiao, Antón Costa ou Xosé Manuel Beiras, entre outros.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

As Luces de Alén Mar

As Luces de Alén Mar

Unha exposición do Consello da Cultura explica no Museo Pedagóxico o papel dos emigrantes americanos na educación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Escolas, Manuel Beiras, Dionisio Pereira...