O número de libros editados en galego incrementouse durante 2010 nun 28,8%. A Federación de Gremios de Editores de España facÃa público onte un adianto do seu Estudio de Comercio Interior del Libro en España. Este ascenso é o maior de todas as linguas de edición do Estado, moi por riba do 5,6% en que medrou a produción en castelán, o 3,5% do éuscaro ou o 0,7% en catalán. en total, os editores galegos supoñen o 1,1% da produción do Estado, no sexto posto por tras de Madrid, Cataluña, Euskadi, AndalucÃa, Castela e León e mais Valencia. No conxunto do estado, a facturación descendeu un 7% en 2010 a respecto do ano anterior, sen que polo momento os editores publicasen datos especÃficos sobre o noso paÃs para ese perÃodo. A tiraxe media a nivel estatal descendeu de 3.790 exemplares por tÃtulo, 612 exemplares menos do que en 2009. A tendencia á diminución de tiraxes é unha constante nos últimos anos tamén a nivel galego.
O adianto do informe Comercio interior del libro en España 2010.