A tan comentada crise e o conseguinte recorte de apoios por parte das institucións públicas levou ao Museo do Pobo a cobrar, por vez primeira na súa historia entradas. Esta medida acendeu alarmas no mundo cultural ante a posibilidade de que este proxecto correse perigo. No entanto, o Museo está nun momento crucial no que, cun Plan Director xa redactado e un proxecto museográfico novo, quere enfrontar o futuro anovado e con novos azos e unha aposta decidida pola súa independencia.
A proposta de cobrar entradas por visitar un dos centros de referencia no noso país puxo sobre a mesa, canda aos problemas que está a provocar a crise na cultura do país, a realidade de que o Museo do Pobo Galego é unha institución privada. Malia a que a mudanza no modelo pode facer pensar na posibilidade de que o futuro do centro estea comprometido, os seus responsables encaran o futuro con confianza e proxectos a medio prazo para mellorar substancialmente o proxecto. E é que, malia a crise, o MPG continúa cun proceso de renovación e que xa leva moito tempo en marcha e que non vai mudar malia a crise. En realidade non vai haber demasiadas mudanzas a respecto do que xa se ía camiñando, hai tres anos que a modernización está xa en marcha, explica Xusto Beramendi, historiador recentemente elixido presidente do Padroado que rexe o centro en substitución de Isaac Díaz Pardo. Eu xa era presidente da Xunta Reitora, o máis difícil da mudanza que ten que experimentar o Museo xa estaba feito, explica a falar do Plan Director e do novo proxecto museográfico.
Entradas na súa xusta medida
Para comezar, debe aclararse que o cobro por entrada non supón unha revolución tan grande. As visitas escolares, que supoñen máis da metade dos usuarios do museo, continuarán ao ser de balde, ao igual que as persoas que estean no paro. Canda a estes, os socios tamén terán entrada franca, e os seus acompañantes deberán pagar dous euros. Xubilados e estudantes maiores de idade só terán que pagar un euro. Os demais deberán abonar 3 euros para entrar. Basicamente, os que pagarán han ser os turistas, lembra Xusto Beramendi, Con esta medida, o Museo agarda recadar cada ano entre 35.000 e 40.000 euros. Malia a que aínda é moi cedo para verificar se a medida tivo éxito, Beramendi sinala que polo momento as cifras de visitas están a se manter dentro das previsións. Canda a isto, o futuro do Museo pasa pola optimización dos seus recursos propios, a contar, como sempre, coa colaboración do Consorcio de Santiago e do Concello canda a das outras entidades membros dos Padroado, para alén das habituais achegas da Xunta aos seus orzamentos. Non podemos esquecer que o MPG desempeña o papel de coordinación dos Museos Públicos de Etnografía que existen no país. A diminución este ano do apoio da Xunta nun 21% a respecto a 2010, quedando en 496.563 euros, foi a principal causa da mudanza na política de cobro. Para alén das achegas públicas, o centro comezou a desenvolver unha intensa campaña de captación de socios, tanto individuais como empresas e entidades que adopten o papel de socio protector, de cara a mellorar os seus ingresos. Segundo explica María Xosé Fernández Cerviño, subdirectora do centro, vai indo aos poucos pero con resultados alentadores. O que estamos a tentar é conseguir un bo número de socios protectores que fagan achegas modestas pero continuas. Tamén, a raíz desta medida de cobrar entrada, detectamos un incremento no número de socios individuais.
O Plan Director
Este documento, orientado á recuperación integral do antigo convento de San Domingos de Bonaval, foi xa entregado ao Consorcio de Santiago, principal valedor nos traballos de recuperación deste edificio histórico. Desde a súa apertura nesta localización, o Museo enfrontou múltiples obras de ampliación mediante a rehabilitación de novos espazos e continuos traballos de acondicinoamento que aínda non remataron. A subdirectora recoñece que todos os edificos históricos teñen necesidade dun mantemento continuo, e con este plan preténdese acabar dunha vez por todas con algúns dos problemas que arrastra desde hai anos. Segundo asegura Beramendi, esta será unha intervención forte, instalaranse ascensores e elementos de acondicionamento ambiental, así como calefacción. Ademais prevese a creación futura de salas de restauración para manter axeitadamente os fondos do centro. Cerviño, pola súa banda sinala que os principais problemas da estrutura céntranse na accesibilidade, que aínda é deficiente, canda aos problemas de humidades e mais a ampliación de espazos expositivos. A humidade non é só un problema das cubertas, senón do propio terreo, xa que o edificio está soterrado nalgunhas partes. Isto é funesto para os bens que se custodian aquí e mais para as propias persoas que traballan no centro. Dentro das iniciativas para mellorar a situación ambiental do conxunto realizouse un estudo pioneiro sobre a presenza de gas radón no interior do centro. Malia a que o Consorcio amosou o seu compromisio firme na recuperación do edificio, Beramendi advirte que estes proxectos poderanse realizar na medida en que o permita a evolución da economía. Non hai aínda un horizonte definitivo para estas actuacións, terán que se desenvolver en varias anualidades a depender das partidas orzamentarias dispoñibles. Debemos lembrar que o edificio non é propiedade do Museo, senón que está cedido pola cidade mediante un convenio que finaliza en 2027. A aposta actual amosa a intención do centro de continuar no lugar. Á volta duns anos haberá que retomar esta cuestión co Concello é ver de lle dar unha continuidade, pero non se prevé que isto mude, lembra Fernández.
A independencia
No entanto, as propostas que manexa o centro deixan clara a vontade de que continúe como organismo privado independente da administración. Durante o seu mandado, o predecesor de Beramendi, Isaac Díaz Pardo, propuxera a posibilidade de que a entidade pasase a depender da Administración pública como xeito de garantir a súa viabilidade, unha proposta que non era compartida polo conxunto do Padroado que rexe o centro. A verdade é os fondos que se atesouran en Bonaval, e dos cales nin un 20% está exposto, compoñen a principal colección etnográfica do noso país, cunha grande cantidade de pezas únicas. Catro anos despois, está claro que o Museo quere apostar por manter a súa independencia. Beramendi tíralle importancia á polémica daquel entón e rexeita toda posibilidade de que o centro mude o seu modelo de xestión. Naquel momento non houbo ningún plan claro nin pola nosa parte nin pola da Administración para integrarnos na Rede de Museos Públicos da xunta. Non penso que iso chegase a estar nunca na axenda de ninguén, non pasou de ser un rumor. Canda a Beramendi, outro dos defensores da independencia do centro por aquel entón era Carlos García, que continúa hoxe a desempeñar o cargo de director, o que semella asegurar a aposta polo actual modelo de xestión.
Antigas eivas
Para alén dos problemas do edificio, o centro arrastra necesidades perentorias que non se solucionaron en anos. Temos unha diagnose bastante precisa sobre estas necesidades, e dentro do Plan Director hai un apartado que contempla isto, pero os orzamentos xa nunca foron abondo e non semella que esteamos nun tempo axeitado para isto. Como principal problema, temos un cadro de persoal exíguo, o mínimo que permite abrir e fechar as portas. Cada departamento só conta cunha persoa, e comprirían máis recursos humanos para atender e darlle unha información axeitada ao visitante e logo ir dotando servizos como o de conservación, a administración, ou a biblioteca. Para alén das necesidades do persoal laboral, o equipo directivo está formado na actualidade por voluntarios, sen que exista un xerente a tempo completo. Isto dificulta tamén o desenvolvemento de traballos como a actual campaña de captación de novos socios protectores.
Máis contidos
Entre as principais propostas está a apertura de catro novas salas que pretenden completar o discurso museolóxico do edificio. Polo de agora está a se elaborar o proxecto museográfico para as novas salas que van abrir na ala sur do edificio. Para máis adiante está prevista a elaboración dun proxecto integral para renovar os espazos actuais, segundo os recursos o permitan. E é que, como a propia subdirectora sinala o museo foise construído por capas, e no seu interior conviven exposicións que contan co mesmo material, carteis e discurso de cando se puxo en marcha o centro, con outras propostas que se foron engadindo en sucesivas ampliacións. A Galicia urbana, e as transformacións sociais e culturais desde os anos sesenta do século XX completarán en breve os contidos. A idea de facer unha sala sobre a Galicia urbana xorde porque practicamente todo o que se representa no Museo atende ao mundo rural ata os anos cincuenta ou sesenta, aínda que hai elementos que remiten a momentos posteriores. Nas novas salas vaise tentar dar unha visión do fenómenos urbano no país xa desde os castros e a época romana, pasando pola importancia dos mosteiros e as cidades que se desenvolveron arredor, e logo a Idade Moderna e a eclosión do século XIX, explica a subdirectora do centro. A sala dedicada á actualidade tentará representar os conflitos e desafíos do país. Pretende ser un espazo dinámico e en transformación permanente que sexa eco do que está a acontecer na sociedade. Beramendi adiantou ademais a vindeira apertura doutra sala dedicada Medio Natural do noso país.
En breve
De maneira inmediata, as novidades no Museo virán na forma de audioguías en sete idiomas. Serán os catro do estado máis inglés, francés, italiano e alemán, explica. O proxecto, desenvolvido en colaboración de Incolsa, empresa municipal de turismo de Compostela, é un primeiro paso nas accións que pretenden facer máis visible o MPG para a xente que visita a Compostela. Malia a que a súa ubicación non é moi favorable, pensamos que é un museo relativamente visitado por este tipo e público. Agora estamos a traballar en convenios con algúns operadores para conseguir integralo plenamente nos circuítos turísticos da cidade. Canda á agardada maior presenza de turistas, a outra grande novidade que se verá en breve no centro son as obras de recuperación da ala sur do edificio, xa comentadas. De cara á programación para os vindeiros meses, Fernández Cerviño adianta para xullo e agosto unha exposición centrada nas obras de arte contemporánea da Biblioteca Baltar, e para setembro unha mostra de fotografía de Xosé Paz. Xa para o vindeiro outono celebrarase a mostra anual dos traballos premiados no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas entre outras propostas. O traballo continúa.