O escritor Fran Alonso está de aniversario, e para celebralo iniciou onte a publicación nos seus sitios web dunha serie de libros electrónicos. O primeiro xa é Contesta ou disparo, un libro que publica 34 entrevistas breves a persoeiros da cultura e da polÃtica galega que o autor realizou para o Diario 16 de Galicia en 1991. Despois do verán e ata fin de ano virán o resto. "Estes libros un recoñecemento aos meus lectores ao longo de todos estes anos", asegura Fran Alonso, "son eles os que nos moldean, nos dan unha imaxe pública e un rostro social".
Contesta ou disparo, que xa está dispoñible nas webs de Fran Alonso é un libro que contén 34 entrevistas breves, realizas polo escritor en 1991, desde o Diario 16 de Galicia, a 34 persoas da cultura e da polÃtica galega, desde Isaac DÃaz Pardo ata O Mago Antón ou Luma Gómez. A súa descarga é libre e baixo licenza Creative Commons -coa que outro usuario, sen ánimo de lucro, pode reproducilo ou imprimilo sen permiso previo do autor-. Será o primeiro volume da serie. Logo do verán e ata decembro, Alonso planea publicar dous libros electrónicos máis.
Un deles terá a Vigo, a cidade do escritor, como eixe temático central, e nutrirase dos moitos artigos de opinión que Fran Alonso xa ten publicados en prensa. "Buscarei os que menos están vencellados á actualidade e farei unha selección tranquila e pausada durante o verán para publicalo cara finais de setembro". O terceiro aÃnda está por decidir. "PoderÃa ser unha reflexión sobre as presentacións literarias", sinala Alonso.
Marcas e persoas dixitais
É a autoedición electrónica unha alternativa para os escritores? "Está claro que é unha tendencia de futuro", contesta Fran Alonso, "as novas tecnoloxÃas dan moitas posibilidades neste sentido e está claro que para determinado tipo de libros hai que buscar alternativas". Alonso está a publicar directamente no seu web oficial os libros, en formato ePUB e PDF. "Nestes momentos hai algunhas plataformas que ofrecen edición dixital para autores, pero non deixan de ser cantidades ridÃculas as que se venden. Esas cifras poden ser facilmente superables polos propios autores", sinala Fran Alonso, que apunta unha idea ao respecto: "é posible que hoxe por hoxe o escritor teña máis credibilidade que as propias plataformas dixitais de distribución. No futuro, estas plataformas terán que xogar a baza da súa propia imaxe, porque hoxe esas marcas difumÃnanse na rede".
O escritor está imbuido da cultura dixital. O seu vindeiro libro (para papel), que xa se atopa en fase de revisión, é un conxunto de relatos nos que os hoax, os bulos cibernéticos, constitúen un elemento central. "Son relatos que nuclean unha reflexión entorno os lÃmites e a realidade", sinala Fran Alonso, "e neles tamén hai unha reflexión sobre Internet".